Como xa sabedes, estamos ideando métodos de financiación para sufragar os gastos dos actos e eventos que se van organizar con motivo da conmemoración do 50 Aniversario da Parroquia de Aguiño. Xa sabedes que fan falta cartos para as actividades, e nós calculamos precisar ó redor de 36.000,00 €, ademáis dos orzamentos propios de cada evento organizado por outras entidades do pobo, como a Comisión de Festas (Festa do Carme cun orzamento de 60.000,00 €), Cofradía de Pescadores de Carreira e Aguiño (Festa do Percebe), Xuventú Aguiño (Partidos e campionatos), ANPA (Festivais e excursións), Ardora (excursións), etc; falamos de que os actos que se organicen este ano en Aguiño poden alcanzar o orzamento total de 150.000 €, dos cales por suposto, so 30.000 € serán extraordinarios para eventos como a Romaxe de Crentes Galegos, publicación do libro de Historia de Aguiño, creación e mantemento da WEB, Certames Literarios, Actos Institucionais do 9 de maio, etc.
A Asociación Francisco Lorenzo Mariño ten un orzamento anual duns 6.000,00 € que distribue en actividades como a Semana Cultural de xaneiro, a participación nas Romaxes en setembro, o Maio Cultural, a participación na Cabalgata e na Misa de Reis, etc. Organizando ademáis cursiños (como o de Arte Floral e o de Pandeireta), xornadas e encontros con xente do mundo literario, do cinema, etc, colaborar con outras entidades, realización e actualización do blog da entidade e de Aguiño, colaborar coa Parroquia en actividades pastorais e sociais, vertebrar o tecido social, preocuparse polos problemas do pobo de Aguiño, etc.
Este ano, pensamos en varios medios de financiación que xa van en camiño, como a venda da Lotería de Nadal, a venda de artigos promocionais (camisetas, chaveiros, gorros, etc), subvencións, convenios de colaboración con institucións con motivo específico desta efeméride ou solicitude de axudas, colaboracións, patrocinios ou mezenazgos a empresas privadas e fundacións.
Este último medio de conseguir ingresos púsoxe en marcha por correo postal, co envio de cartas e postais navideñas informando de que o ano 2009 é o ano de Aguiño, e da posibilidade de que colaborasen con nós dalgunha forma (economicamente, en especie...). Tamén se solicitará a axuda personalmente polas empresas e vía correo electrónico. Pero queremos destacar que a esta chamada realizada no Nadal pasado, responderon
*SUPERMERCADO ETELVINA-O MELLOR de AGUIÑO cunha colaboración económica
*CAIXANOVA de Ribeira, co seu director, JUSTO AREVALILLO, para estudiar unha colaboración económica ou en especie (traer un evento-actividade a Aguiño neste ano 2009), o cal queremos destacar ante os medios e toda a veciñanza para o seu xusto agrecemento, sen xente coma eles non poderiamos facer nada.
Agardamos que contesten outras empresas e fundacións, e que todo aquel que queira contribuir dalgunha forma se poña en contacto con nós a través dos correos (aflm.aguinho@gmail.com - unaiequal@yahoo.es ), do enderezo postal (ACRV FRANCISCO LORENZO MARIÑO, R/ IGREXA, S/N, 15965, AGUIÑO, RIBEIRA, A CORUÑA), nos teléfonos (639579258 - 981 840513 - 981 841129 - 981 841105 - 981 841260 e 981 835650 FAX 981 873209), en CAIXANOVA RIBEIRA (Avda. Rosalía de Castro, facendo o ingreso na conta da asociación ACRV Francisco Lorenzo Mariño) ou personalmente cun dos membros da directiva desta entidade.
Tamén queremos destacar que outras entidades e agrupacións, institucións e empresas colaboran habitualmente con esta asociación, e non só neste ano nos que somos os principais impulsores da conmemoración desta efeméride, senón nas actividades realizadas dende a fundación desta entidade no ano 2005, vaia tamén o seu nome para o seu público agradecemento:
* VECIÑAS E VECIÑOS DE AGUIÑO EN PARTICULAR E RIBEIRA E BARBANZA EN XERAL
* SOCIAS E SOCIOS DESTA ENTIDADE
* O ALENTO, TRABALLO E MEMORIA DE PACO DE AGUIÑO
Agardamos que outros podan sumarse á colaboración, de calqueira tipo, coas mans, con artigos, con documentos, economicamente, con actuacións, en especie, patrocinio ou o que queiran, agardando que a conmemoración do 50 Aniversario da Parroquia de Aguiño sexa un rotundo éxito, e por suposto, á xente para que asistan e participen dos actos que fagamos, porque sen eles non hai actos e sen vós non paga a pena traballar, sodes o noso motor cultural, participade e colaborade!, milleiros de grazas.
imaxes de Unai Gonzalez e ACRV FLM
Ningún comentario:
Publicar un comentario