martes, 20 de maio de 2008

ROMAXE 2009 EN AGUIÑO


A Romaxe de Crentes Galegos 2009 volverase celebrar no pobo de Aguiño, o cal supón unha terceira edición neste lugar, un feito histórico xa que a Romaxe que organiza a Asociación Irimia ten lugar cada ano nun lugar diferente de Galicia dado o seu carácter itinerante.

Celebración da XXX Romaxe




Esta decisión tomóuna a Xunta Directiva de Irimia coa asamblea de socias/os nun acto celebrado en Galegos, Frades, na Festa do Lume 2009, onde acudirón preto de dúas ducias de aguiñeses no nome da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, que preside Unai González, para solicitar esta concesión dado que no ano 2009 cúmprense 50 anos da fundación da Parroquia de Aguiño (9 de maio de 1959) e 5 anos do pasamento de Paco.





O 12 de setembro de 2009, en Couso, terá lugar a celebración da XXXII Romaxe de Crentes Galegos, que será celebrada por Rubén Aramburu, Andrés Torres Queiruga e outros sacerdotes e membros activos de Irimia.






Artigo Prensa sobre Concesión da Romaxe




Agardamos que a participación sexa numerosa, a máis elevada como sucedeu nas Romaxes de 1979 (con 3000 asistentes) e na de 1995 (con 7000 personas).





A organización correrá a cargo da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño e de Irimia, apoiados por outras entidades do pobo, como a Comisión de Festas, a Asociación de Veciños/as Aguieiro..., e institucións como o Concello de Riveira.





Para máis información, contactar coa ACRV Francisco Lorenzo Mariño no correo aflm.aguinho@gmail.com

xoves, 15 de maio de 2008

VIDA E OBRA

Francisco Lorenzo Mariño, "Paco de Ajiño" naceu en Porto do Son no 1929 (A Coruña), orfo de pai, emigrou de neno coa súa familia á cidade herculina onde pasou a súa infancia no porto coruñés. Estudou no Seminario en Compostela e Licencióuse en Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma.


IV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño
Aguiño, xaneiro de 2008


Oficiado sacerdote exerceu dous anos en Sada, foi nombrado Párroco de Aguiño o 23 de setembro de 1959, ano da fundación desta parroquia, que foi segregada de Carreira o 9 de maio por Decreto Arzobispal de Quiroga Palacios baixo a advocación de Nosa Señora do Carme.
Dende ese ano foron moitas e importantes as obras realizadas por Paco ou coa iniciativa e colaboración del; como entidades a S.D. Xuventú Aguiño, a Asociación Veciñal Ardora, a Fábrica do Xeo, o Consello Parroquial Aguieiro, a Comisión de Festas do Carme, a Asociación Cultural A Dourixeira...; como eventos a Cabalgata de Reis, Festa dos Maios, Romería do Neno en Couso...; en publicacións o Vicanso Cultural, o xornal O Carreiro... que contribuiron á dinamización cultural, social e veciñal deste pobo mariñeiro.
A nivel galego foi un dos impulsores da Romaxe de Crentes Galegos (xunto a Pepe Chao, Torres Queiruga, Agústín Bueno, Daniel López Muñoz, Arauxo Iglexias, Manuel Dourado...), da Asociación e Revista Irimia, da Festa do Lume, o Bienio Irmandiño, as Irimianzas, o Grupo Boa Nova, etc, etc. A II Romaxe de Crentes Galegos tivo lugar en Aguiño en setembro de 1979 e a XVIII en setembro de 1995 baixo os lemas "Batidos polo Mar" e "Somos pedras Vivas", foron as máis numerosas en participación (3000 e 7000 personas respectivamente) e nelas aprendemos importantes legados como o Credo Galego que nos ensinou Pepe Chao.
Mestre de Relixión máis de trinta anos no Instituto de Riveira, corresponsal de La Voz de Galicia durante un quarto de século, colaborador de Encrucillada, membro da mesa de redacción de Irimia, etc. Foi o primeiro cura en misar en galego e o de Aguiño, o primeiro templo parroquial en ter todo integramente na nosa lingua. Edificado en 1965 contou cun campanario co escudo e a bandeira de Galicia, cos viacrucis en galego e textos de Castelao, coa misa cantada con sons xa tradicionais coma o "Onda ti noso Pai á tardiña" ou "Xesús o mariñeiro", cun sagrario feito con rochedos de Couso, áncoras, temóns, poutadas, cabos e outros elementos mariñeiros que o decoran.
Recibiu numerosos galardóns, recoñecementos e homenaxes, sendo Socio de Honra da Asociación Musical Albéniz, da Asociación A Dourixeira, da SD Xuventú Aguiño, da Cofradía de Pescadores de Carreira e Aguiño, da Asociación Ardora, da Asociación Pax in Requiem, etc, etc. Tamén foi homenaxeado cun busto no adro da igrexa, e polo Concello de Riveira poñendo o seu nome á principal rúa do pobo, así como polo Colectivo Home Novo da Coruña, a Asociación Irimia. Entre estes galardóns está tamén a Medalla de Galicia, concedida polo Goberno Galego no ano 2002.
Finou en xaneiro de 2004. Dende o ano 2005 existe unha Asociación Cultural, Recreativa e Veiñal que leva o seu nome e organiza actos de promoción e defusión da cultura e patrimonio de Aguiño, na defensa dos intereses dos veciños e veciñas, e realiza actividades na súa memoria que contribuan a seguir co labor e o traballo que el sementou como a Semana Cultural de xaneiro que vai xa pola cuarta edición.

III SEMANA CULTURAL















II SEMANA CULTURAL






I SEMANA CULTURAL

I Semana Cultural -Aguiño xaneiro 2006-