venres, 5 de decembro de 2008

AGOTADA A LOTERÍA DE NADAL DA ASOCIACIÓN


ONTE VENDÉUSE A ÚLTIMA PARTICIPACÍÓN DA LOTERÍA


A BENEFICIO DOS ACTOS DO 50 Aº DA PARROQUIA DE AGUIÑO





Nº 31.101




Sorteo da Lotería Nacional que se celebrará en Madrid o 22 de Nadal de 2008





MOITA SORTE A TODAS E TODOS


GRAZAS POR COLABORAR


+++++++++++++++++++++++++++


RECOLLIDA A TESTEMUÑA DA ROMAXE EN BALTAR (LUGO) O 13 DE SETEMBRO DO 2008


XXXII ROMAXE EN AGUIÑO


1959 - 2009


50 ANOS DE PARROQUIA




A directiva da asociación recolle a testemuña da Romaxe vindeira. Rosa Millet, Marisol Ayaso, Teruca Sampedro e Josefa Suárez representaron á entidade e ó pobo de Aguiño e falaron en nome da parroquia excusando a ausencia do presidente, Unai González, por motivos personais.



Imaxe da directiva da entidade co agasallo da Romaxe que entregou a organización de Baltar como testemuña 2008 e co encargo de organizar en Aguiño a Romaxe 2009 que recordará o 50 Aniversario da Parroquia e o 5º Aniversario do Pasamento de Paco.


martes, 28 de outubro de 2008

Reunión ordinaria 25-10-08 ás 19:00 h




REUNIÓN ORDINARIA DA ASAMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN CULTURAL, RECREATIVA E VECIÑAL FRANCISCO LORENZO MARIÑO DE AGUIÑO O SÁBADO 25 DE OUTUBRO ÁS 19:00 H

Dar conta de que o pasado sábado 25 de outubro, ás 19:00 horas tivo lugar no Local Parroquial de Aguiño unha reunión ordinaria da Xunta Xeral da ACRV Francisco Lorenzo Mariño con representantes da Asociación Irimia, Coordinadora de Romaxes para preparar a vindeira Romaxe de Crentes Galegos do ano 2009, que terá a súa XXXII Edición o sábado 12 de setembro de 2009 na nosa parroquia con motivo do 50 Aniversario, e por terceira vez, único lugar de Galicia onde se ten celebrado en máis dunha ocasión (foron a II en 1979 e a XVIII en 1995), acordando os seguintes puntos:

- A celebración será no lugar de Punta de Couso (ó igual que as dúas anteriores), queda por determinar o lugar do escenario e da acollida. O xantar e animación da tarde será na área recreativa e a “Oración da Tardiña” na Igrexa Parroquial de Nosa Señora do Carme de Aguiño. Comezará ás 10:00 h e rematará ás 20:00 h con distintos actos.
- Corre por conta da Asociación Francisco Lorenzo Mariño a solicitude de permisos oportunos, contratación de escenario, electricidade, carpa, aseos móviles, difusión, indicacións e organización de tráfico, animación de tarde, ambientación, acollida, vixiancia e outros por determinar.
- Corre por conta da Asociación Irimia a xestión a nivel galego, convocatoria de grupos participantes, contratación da música e megafonía, xestión para realización do medallón de Sargadelos e da publicación da liturxia.
- O lema, debuxo alegórico, liturxia da palabra e celebración litúrxica será conxunta e acordada ó longo do ano 2009 polas dúas entidades.
- Convócase nova reunión das dúas Xuntas Directivas de ambolas entidades para xaneiro de 2009.
- Péchase a sesión co acordo unánime de todos os puntos mencionados, sendo as 20:10 horas.

(Nova xunta directiva)


(Festa lume - Febrero 08)

Reunión extraordinaria 25-10-08 ás 18:00 h

REUNIÓN EXTRAORDINARIA DA ASAMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN CULTURAL, RECREATIVA E VECIÑAL FRANCISCO LORENZO MARIÑO DE AGUIÑO. SÁBADO 25 DE OUTUBRO ÁS 18:00 H

Esta sábado pasado 25-10-08 ás 18:00 h no Local Parroquial Francisco Lorenzo Mariño tivo lugar a Asamblea Xeral Extraordinaria da ACRV Francisco Lorenzo Mariño, con dous puntos na Orde do Día:

1.- Modificación do Art. 13.1 dos estatutos da entidade, onde se facía referencia ó número e cargos da Xunta Directiva, sendo de 9, e pasando a aumentala a 11 creando os cargos de Vicesecretaria e Vicetesoureira para garantir o funcionamento e administración da asociación. Aprobado por unanimidade dos socios/as presentes.

2.- Convocatoria de Elección de cargos da Nova Xunta Directiva (a actual estivo dende xaneiro de 2006 ata a actualidade), que pasa de 9 a 11 membros. Presentada unha única candidatura queda aprobada por unanimidade dos presentes (máis de 2/3 da Asamblea Xeral). Estará en vigor de outubro de 2008 a outubro de 2010 (un período de 2 anos), resultando a seguinte:

Unai González, Presidente. Sara Reiriz, Vicepresidenta. Pilar Millet, Secretaria. Josefa Suárez, Vicesecretaria. María Soledad Ayaso, Tesoreira. Ramona Sampedro, Vicetesoreira. Francisco González, Teresa Sampedro, José Manuel Prado, Eva Fernández e José Luis Paz, Vocais.

Péchase a sesión coa aprobación por unanimidade dos dous únicos puntos sendo as 18:40 horas, o cal se recolle en acta, se publica no panel de anuncios da entidade durante 15 días e se notifica ós medios de comunicación social para o seu coñecemento público a tódolos efectos recollidos nos estatutos e na Lei Xeral de Asociacións.

Reunión ordinaria 08-10-08

REUNIÓN ORDINARIA DA ASAMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN CULTURAL, RECREATIVA E VECIÑAL FRANCISCO LORENZO MARIÑO DE AGUIÑO O 08/10/08

Do mesmo xeito, dar conta de que o pasado Mércores 8 de outubro, ás 20:30 horas tivo lugar no Local Parroquial de Aguiño a reunión ordinaria anual da Xunta Xeral da ACRV Francisco Lorenzo Mariño, aprobándose todos os puntos da orde do día por unanimidade dos presentes (máis de 2/3 dos socios/as da entidade):

1.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2.-Asumir a realización de actos conmemorativos do 50 Aniversario da fundación da Parroquia de Aguiño o vindeiro 2009. Creación dun Comité Organizador coas outras entidades da parroquia, realización da XXXII Romaxe de Crentes Galegos (setembro)en colaboración con Irimia, da IV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño (xaneiro), dos actos do V Aniversario do Pasamento de Don Francisco (xaneiro) e dos actos oficiais de conmemoración da fundación da parroquia en maio de 2009.
3.- Cancelación da conta actual en Caixa Galicia e apertura dunha nova en Caixa Nova de Ribeira, con catro autorizados (cargos da XD).
4.-Realización de Lotería de Nadal con recargo dun euro cada catro para recadación de fondos para os actos do 50 Aniversario da fundación da Parroquia de Aguiño. Catro mil euros en lotería en participacións de 5 e depositados en Caixa Nova de Ribeira (actualmente xa está vendida máis da metade)
5.-Aprobación das Contas Xerais da entidade dos anos 2006 e 2007, e poñer ós socios/as ó corrente do saldo actual e dos gastos e ingresos realizados no ano 2008.
6.-Aprobación da solicitude de subvención do Concello de Ribeira para actividades culturais do ano 2008, así como información ós socios/as sobre as subvencións dadas e concedidas no ano actual (ningunha a día de hoxe concedida, á espera da notificación da Deputación solicitada en xaneiro) e denegación do grupo solicitado mediante a Rede Cultural da Deputación de A Coruña para as Festas de Aguiño 2008
7.-Convocar eleccións de cargos da Xunta Directiva para o período 2008-2010, os comicios serán o día 25 de outubro de 2008, dando conta ás socias/os que queiran presentar candidaturas que teñen 15 días naturais para facelo.
8.- Información sobre o blog da entidade e a adquisición dun dominio web por cinco anos. O blog htpp://aflm.aguino.blogspot.com, superou xa as 500 visitas en 6 meses de funcionamento. Adquiríuse o dominio www.aguiño.com ata o ano 2013 para a creación dunha web da entidade o vindeiro ano 2009 con motivo do 50 Aniversario da Parroquia de Aguiño.
9.-Rogos e preguntas (o Presidente propón introducir na seguinte orde do día para a reunión da Asamblea Xeral Extraordinaria, a modificación do Art. 13.1 dos estatutos da entidade, por consideralo directamente relacionado coas eleccións á Xunta Directiva; apróbase por unanimidade. Tamén propón realizar o mesmo día 25/10/2008, ás 19:00 h unha Reunión Ordinaria da Asamblea Xeral con representantes de Irimia para tratar o tema da organización da vindeira Romaxe 2009 (en setembro) tal e como aprobou a citada asociación na Festa do Lume celebrada no Pazo de Galegos en Frades, en febreiro de 2008, sendo esta a 3ª vez que se celebrará en Aguiño e único lugar de Galicia onde sucede este feito; apróbase por unanimidade). Recordóuselle todos os socios/as participantes a relación de colaboración mantida durante todo o ano co Concello de Riveira, en particular con Luciano Fernández Martínez, responsable da Área de Cultura e Festexos, ca Peña Madridista Amancio de Ribeira, coa Comisión de Festas de Aguiño e coa Asociación Irimia. Tamén a posta en funcionamento de dous novos cursos (outubro a xuño) de Arte Floral e Pandeireta (o primeiro con 20 socias e o segundo con 12) en Aguiño. Péchase a sesión ás 22:30 horas.

xoves, 16 de outubro de 2008

ESCOLA DE ESPIRITUALIDADE


Xa está en marcha o novo curso da Escola da Espiritualidade en Santiago. Este proxecto fundado por amigos de Aguiño e da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, como Andrés Torres Queiruga ou Rubén Aramburu, comezará o 15 de novembro na Casa Diocesana de Exercicios de Compostela. A matrícula é de 35 € e 60 para a comida dos dias de curso, cun horario de 10:00 a 19:30 h. O prazo de matrícula remata o 31 de outubro.


Se vos interesa tedes máis información no teléfono 981 591118 ou no mail turnesnegreira@yahoo.es

xoves, 9 de outubro de 2008

PRÓXIMA WEB DE AGUIÑO

O vindeiro ano 2009 será o 50 Aniversario da fundación da Parroquia de Aguiño, desmembróuse de Carreira 9 de maio de 1959, na actualidade conta con 3250 habitantes.

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño, en colaboración con outras entidades do pobo, vai organizar distintos actos para conmemorar este medio século de historia.

Unha das principais novidades será a creación dunha web da parroquia, para a cal xa temos adquirido o dominio www.aguiño.com Estará disponible a partir do ano vindeiro. Mentras a constrúímos, agradeceriamos que podeirades enviar imaxes, textos, documentos e información de interese sobre Aguiño para publicar na web, o enderezo é aflm.aguinho@gmail.com



Lotería de Nadal a beneficio de Aguiño


Temos disponible un número de lotería que podedes adquirir en calquera establecemento de Aguiño ou solicitarllo ós socios/as desta entidade. Ten un pequeno recargo para recadar fondos para a organización de actos o vindeiro ano. O número é o 31101 para o Sorteo da Lotería de Nadal do 22 de decembro de 2008, está repartido en participacións de 5,00 €. Agradecemos a vosa colaboración.

martes, 8 de xullo de 2008

Festas do Carme (Verán 2008)


Mércores 16 de Xullo (Día do Carme)

09:00 h .- Dianas e alboradas con 21 bombas de palenque.

09:30 h .- Pasarrúas con gaitas do País (Grupo ARUME de Boiro)

11:30 h .- Misa solemne na honra da Nosa Patroa A VIRXE DO CARME. cantada polo Coro Parroquial acompañado polo Grupo ARUME.

12:30 h .- Procesión acompañada pola Banda de Música de Cedeira. A continuación da ofrenda floral, baile a cárrego do Grupo "Aires de Dorna" no Peirao.

18:00 h .- Campionato de Tenis para maiores na pista de tenis da Praia da Katía. Premio "Cochinillo".

20:00 h .- Campionato de Dardos no Bar El Cruce 1 e Bar El Cruce 2. Premio "Cochinillo".

23:00 h .- Gran Verbena a cárrego das Orquestras:

"CUNTER´S
e
"SOLARA"



Xoves 17 de Xullo


09:00 h .- Dianas e alboradas con 21 bombas de palenque

09:30 h .- Pasarrúas con gaitas do país (Grupo ARUME de Boiro).

10:00 h .- Campionato de Tenis Infantil na pista de tenis da Praia da Katía.

11:30 h .- Concurso de Debuxo para todas as idades no Salón da Cofradía.

12:30 h .- Carreira de Sacos para todos na explanada da festa.

17:00 h .- INFANTILANDIA de 17:00 h a 21:00 h. no Campo da Tasca (con hinchables, búfalo mecánico, festa da espuma, etc...)

18:00 h .- Campionato de Manilla no Bar do Serriño. Premio "Cochinillo".

21:00 h .- Campionato de Futbolín a celebrar no Bar o Corno e no Bar Victoria. Premio "Cochinillo".

21:30 h .- Pasacalles a cárrego de Charanga "Os Jalochos".

23:00 h .- Gran Verbena a cárrego de

"AMÉRICA"
e
"LAMAS"



Venres 18 de Xullo

09:00 h .- Dianas e alboradas con 21 bombas de palenque.

09:30 h .- Pasarrúas con gaitas do País (Grupo ARUME de Boiro).

11:00 h .- Tren Turístico que sáirá da explada da Festa.

12:00 h .- Carreira de Chalanas cos ollos tapados.

12:30 h.- XXXIII Concurso de Cucañas (no Porto de Aguiño). Vente comer unhas boas mocadas pra nos rir todos.

17:00 h .- Tren Turístico que sairá da explanada da Festa.

18:00 h .- Campionato de Tute no Bar Tamba. Premio "Cochinillo".

19:00 h .- Chocolate con Churros no Peirao.

20:00 h .- Exhibición de Baile a cárrego de "El Tomasón" no Auditorio (ó lado do Campo da Tasca).

23:00 h .- Gran Verbena amenizada por

"ISMAEL"
e
"PASARELA"



Sábado 19 de Xullo

09:00 h .- Dianas e alboradas con 21 bombas de palenque.

09:30 h .- Pasarrúas con gaitas do País (Grupo ARUME de Boiro)

11:30 h .- Demostración de Karate a carrégo do Gimnasio Cardalda no Peirao.

13:00 h .- Gran Sardiñada.

18:00 h .- Campionato de Escoba no Bar Tallante. Premio "Cochinillo".

19:00 h .- Fútbol Feminino.

20:00 h .- Fútbol Solteiros S.C. contra Casado B.A.

20:30 h .- Encontro de Música Coral na Igrexa Parroquial a cárrego de:
- Coral Polifónica de Berres da Estrada.
- Coral Irmán Gómez de Santiago.
- Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Riveira.

23:00 h .- Gran Verbena no campo da Festa a cárrego de:

"BRUJAS"
e
"ATLANTA"


00:00 h .- Gran Queima de Fogos de Artificio a cárrego de Pirotecnia Resúa.

00:30 h .- Continúa a Verbena ata que o corpo aguante.

martes, 20 de maio de 2008

ROMAXE 2009 EN AGUIÑO


A Romaxe de Crentes Galegos 2009 volverase celebrar no pobo de Aguiño, o cal supón unha terceira edición neste lugar, un feito histórico xa que a Romaxe que organiza a Asociación Irimia ten lugar cada ano nun lugar diferente de Galicia dado o seu carácter itinerante.

Celebración da XXX Romaxe




Esta decisión tomóuna a Xunta Directiva de Irimia coa asamblea de socias/os nun acto celebrado en Galegos, Frades, na Festa do Lume 2009, onde acudirón preto de dúas ducias de aguiñeses no nome da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, que preside Unai González, para solicitar esta concesión dado que no ano 2009 cúmprense 50 anos da fundación da Parroquia de Aguiño (9 de maio de 1959) e 5 anos do pasamento de Paco.





O 12 de setembro de 2009, en Couso, terá lugar a celebración da XXXII Romaxe de Crentes Galegos, que será celebrada por Rubén Aramburu, Andrés Torres Queiruga e outros sacerdotes e membros activos de Irimia.






Artigo Prensa sobre Concesión da Romaxe




Agardamos que a participación sexa numerosa, a máis elevada como sucedeu nas Romaxes de 1979 (con 3000 asistentes) e na de 1995 (con 7000 personas).





A organización correrá a cargo da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño e de Irimia, apoiados por outras entidades do pobo, como a Comisión de Festas, a Asociación de Veciños/as Aguieiro..., e institucións como o Concello de Riveira.





Para máis información, contactar coa ACRV Francisco Lorenzo Mariño no correo aflm.aguinho@gmail.com

xoves, 15 de maio de 2008

VIDA E OBRA

Francisco Lorenzo Mariño, "Paco de Ajiño" naceu en Porto do Son no 1929 (A Coruña), orfo de pai, emigrou de neno coa súa familia á cidade herculina onde pasou a súa infancia no porto coruñés. Estudou no Seminario en Compostela e Licencióuse en Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma.


IV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño
Aguiño, xaneiro de 2008


Oficiado sacerdote exerceu dous anos en Sada, foi nombrado Párroco de Aguiño o 23 de setembro de 1959, ano da fundación desta parroquia, que foi segregada de Carreira o 9 de maio por Decreto Arzobispal de Quiroga Palacios baixo a advocación de Nosa Señora do Carme.
Dende ese ano foron moitas e importantes as obras realizadas por Paco ou coa iniciativa e colaboración del; como entidades a S.D. Xuventú Aguiño, a Asociación Veciñal Ardora, a Fábrica do Xeo, o Consello Parroquial Aguieiro, a Comisión de Festas do Carme, a Asociación Cultural A Dourixeira...; como eventos a Cabalgata de Reis, Festa dos Maios, Romería do Neno en Couso...; en publicacións o Vicanso Cultural, o xornal O Carreiro... que contribuiron á dinamización cultural, social e veciñal deste pobo mariñeiro.
A nivel galego foi un dos impulsores da Romaxe de Crentes Galegos (xunto a Pepe Chao, Torres Queiruga, Agústín Bueno, Daniel López Muñoz, Arauxo Iglexias, Manuel Dourado...), da Asociación e Revista Irimia, da Festa do Lume, o Bienio Irmandiño, as Irimianzas, o Grupo Boa Nova, etc, etc. A II Romaxe de Crentes Galegos tivo lugar en Aguiño en setembro de 1979 e a XVIII en setembro de 1995 baixo os lemas "Batidos polo Mar" e "Somos pedras Vivas", foron as máis numerosas en participación (3000 e 7000 personas respectivamente) e nelas aprendemos importantes legados como o Credo Galego que nos ensinou Pepe Chao.
Mestre de Relixión máis de trinta anos no Instituto de Riveira, corresponsal de La Voz de Galicia durante un quarto de século, colaborador de Encrucillada, membro da mesa de redacción de Irimia, etc. Foi o primeiro cura en misar en galego e o de Aguiño, o primeiro templo parroquial en ter todo integramente na nosa lingua. Edificado en 1965 contou cun campanario co escudo e a bandeira de Galicia, cos viacrucis en galego e textos de Castelao, coa misa cantada con sons xa tradicionais coma o "Onda ti noso Pai á tardiña" ou "Xesús o mariñeiro", cun sagrario feito con rochedos de Couso, áncoras, temóns, poutadas, cabos e outros elementos mariñeiros que o decoran.
Recibiu numerosos galardóns, recoñecementos e homenaxes, sendo Socio de Honra da Asociación Musical Albéniz, da Asociación A Dourixeira, da SD Xuventú Aguiño, da Cofradía de Pescadores de Carreira e Aguiño, da Asociación Ardora, da Asociación Pax in Requiem, etc, etc. Tamén foi homenaxeado cun busto no adro da igrexa, e polo Concello de Riveira poñendo o seu nome á principal rúa do pobo, así como polo Colectivo Home Novo da Coruña, a Asociación Irimia. Entre estes galardóns está tamén a Medalla de Galicia, concedida polo Goberno Galego no ano 2002.
Finou en xaneiro de 2004. Dende o ano 2005 existe unha Asociación Cultural, Recreativa e Veiñal que leva o seu nome e organiza actos de promoción e defusión da cultura e patrimonio de Aguiño, na defensa dos intereses dos veciños e veciñas, e realiza actividades na súa memoria que contribuan a seguir co labor e o traballo que el sementou como a Semana Cultural de xaneiro que vai xa pola cuarta edición.

III SEMANA CULTURAL















II SEMANA CULTURAL






I SEMANA CULTURAL

I Semana Cultural -Aguiño xaneiro 2006-