mércores, 28 de xaneiro de 2009

COOPERANTES DE AGUIÑO NO SEU 50 ANIVERSARIO

.....................................
OS PRIMEIROS QUE SE ACHEGAN A COOPERAR PARA OS ACTOS DA PARROQUIA:

BENVIDOS SEXADES, AGARDAMOS COAS MANS ABERTAS E DISPOSTAS A BOGAR!


Como xa sabedes, estamos ideando métodos de financiación para sufragar os gastos dos actos e eventos que se van organizar con motivo da conmemoración do 50 Aniversario da Parroquia de Aguiño. Xa sabedes que fan falta cartos para as actividades, e nós calculamos precisar ó redor de 36.000,00 €, ademáis dos orzamentos propios de cada evento organizado por outras entidades do pobo, como a Comisión de Festas (Festa do Carme cun orzamento de 60.000,00 €), Cofradía de Pescadores de Carreira e Aguiño (Festa do Percebe), Xuventú Aguiño (Partidos e campionatos), ANPA (Festivais e excursións), Ardora (excursións), etc; falamos de que os actos que se organicen este ano en Aguiño poden alcanzar o orzamento total de 150.000 €, dos cales por suposto, so 30.000 € serán extraordinarios para eventos como a Romaxe de Crentes Galegos, publicación do libro de Historia de Aguiño, creación e mantemento da WEB, Certames Literarios, Actos Institucionais do 9 de maio, etc.

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño ten un orzamento anual duns 6.000,00 € que distribue en actividades como a Semana Cultural de xaneiro, a participación nas Romaxes en setembro, o Maio Cultural, a participación na Cabalgata e na Misa de Reis, etc. Organizando ademáis cursiños (como o de Arte Floral e o de Pandeireta), xornadas e encontros con xente do mundo literario, do cinema, etc, colaborar con outras entidades, realización e actualización do blog da entidade e de Aguiño, colaborar coa Parroquia en actividades pastorais e sociais, vertebrar o tecido social, preocuparse polos problemas do pobo de Aguiño, etc.

Este ano, pensamos en varios medios de financiación que xa van en camiño, como a venda da Lotería de Nadal, a venda de artigos promocionais (camisetas, chaveiros, gorros, etc), subvencións, convenios de colaboración con institucións con motivo específico desta efeméride ou solicitude de axudas, colaboracións, patrocinios ou mezenazgos a empresas privadas e fundacións.



Este último medio de conseguir ingresos púsoxe en marcha por correo postal, co envio de cartas e postais navideñas informando de que o ano 2009 é o ano de Aguiño, e da posibilidade de que colaborasen con nós dalgunha forma (economicamente, en especie...). Tamén se solicitará a axuda personalmente polas empresas e vía correo electrónico. Pero queremos destacar que a esta chamada realizada no Nadal pasado, responderon

*SUPERMERCADO ETELVINA-O MELLOR de AGUIÑO cunha colaboración económica

*CAIXANOVA de Ribeira, co seu director, JUSTO AREVALILLO, para estudiar unha colaboración económica ou en especie (traer un evento-actividade a Aguiño neste ano 2009), o cal queremos destacar ante os medios e toda a veciñanza para o seu xusto agrecemento, sen xente coma eles non poderiamos facer nada.

Agardamos que contesten outras empresas e fundacións, e que todo aquel que queira contribuir dalgunha forma se poña en contacto con nós a través dos correos (aflm.aguinho@gmail.com - unaiequal@yahoo.es ), do enderezo postal (ACRV FRANCISCO LORENZO MARIÑO, R/ IGREXA, S/N, 15965, AGUIÑO, RIBEIRA, A CORUÑA), nos teléfonos (639579258 - 981 840513 - 981 841129 - 981 841105 - 981 841260 e 981 835650 FAX 981 873209), en CAIXANOVA RIBEIRA (Avda. Rosalía de Castro, facendo o ingreso na conta da asociación ACRV Francisco Lorenzo Mariño) ou personalmente cun dos membros da directiva desta entidade.

Tamén queremos destacar que outras entidades e agrupacións, institucións e empresas colaboran habitualmente con esta asociación, e non só neste ano nos que somos os principais impulsores da conmemoración desta efeméride, senón nas actividades realizadas dende a fundación desta entidade no ano 2005, vaia tamén o seu nome para o seu público agradecemento:

* CONCELLO DE RIVEIRA

* ÁREA DE CULTURA E FESTEXOS E O CONCELLEIRO LUCIANO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

* FLORERÍAS DE AGUIÑO (BONSAI, MIMOS E AGUIÑO)

* ASOCIACIÓN CULTURAL A GANDAINA DE PALMEIRA

* GRUPO DE TEATRO MUNICIPAL DE RIVEIRA E O SEU DIRECTOR SEGUNDO DURÁN, "CHIKI"

* CONSTRUCIONES AGUIÑO
* PUBLICOLOR SERIGRAFÍA
* LIJÓ ELECTRICIDADE

* COMISIÓN DE FESTAS DE AGUIÑO-A DOURIXEIRA

* O FAIADO 2 E A SÚA PRESIDENTA MARÍA LUISA LÓPEZ OTERO

* INTERMÓN, MARTA SOPEÑA E ONG´S DE RIVEIRA

* CONSERVATORIO DE MÚSICA MUNICIPAL DE RIVEIRA

* PARROQUIA DE NOSA SEÑORA DO CARME DE AGUIÑO E O ADMINISTRADOR PARROQUIAL CESÁREO CANABAL

* DEPARTAMENTO DE INFORMÁTICA MUNICIPAL E JOSÉ PÉREZ, "MARISCAL"

* ASOCIACIÓN DE VECIÑOS/AS ARDORA

* EXMA. DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
* POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA

* PARROQUIA DE RIVEIRA, IRIMIA, IGREXA EVANXÉLICA, BOAS NOTICIAS...

* CONFERENCIANTES, POÑENTES, ARTICULISTAS, LITERATOS...

* MEDIOS DE COMUNICACIÓN LOCAIS (CERTO, LA VOZ DE GALICIA, DIARIO DE AROUSA, TELEVISIÓN DO BARBANZA, TELEVISIÓN SALNÉS BARBANZA, EL CORREO GALLEGO, RADIO DISCOLÓCATE, ONDA CERO BARBANZA, COPE RIVEIRA, RADIO BOIRO, CADENA SER AROUSA, TVG, BAR PLAZA E ATENEO VALLE INCLÁN, ASÍ COMO Ó XEFE DE PRENSA E ÁREA DE NORMALIZACIÓN LINGUISTICA DE RIVEIRA, ABDÓN E ALICIA)

* VECIÑAS E VECIÑOS DE AGUIÑO EN PARTICULAR E RIBEIRA E BARBANZA EN XERAL

* SOCIAS E SOCIOS DESTA ENTIDADE

* O ALENTO, TRABALLO E MEMORIA DE PACO DE AGUIÑO

Agardamos que outros podan sumarse á colaboración, de calqueira tipo, coas mans, con artigos, con documentos, economicamente, con actuacións, en especie, patrocinio ou o que queiran, agardando que a conmemoración do 50 Aniversario da Parroquia de Aguiño sexa un rotundo éxito, e por suposto, á xente para que asistan e participen dos actos que fagamos, porque sen eles non hai actos e sen vós non paga a pena traballar, sodes o noso motor cultural, participade e colaborade!, milleiros de grazas.

Unai González Suárez
Presidente da ACRV Francisco Lorenzo Mariño

imaxes de Unai Gonzalez e ACRV FLM

...........................................

mércores, 21 de xaneiro de 2009

50 Aª DA PARROQUIA DE AGUIÑO


............................
IMAXE INSTITUCIONAL DO 50 ANIVERSARIO

Xa está elexido o logo que identificará os actos programados dentro das celebracións do 50 Aniversario da fundación da Parroquia de Aguiño, representa o campanario da Igrexa Parroquial, por entender que é un símbolo do pobo, da vila mariñeira, pois ten forma de ponte de embarcación, e foi único por ter gravado no cemento e pintado o escudo e a bandeira de Galicia no ano 1967 no que foi inaugurada a Igrexa do Carme de Aguiño. Este logo foi elexido nunha asamblea realizada o 7 de xaneiro de 2009 en Aguiño, a onde acudiron representantes da ACRV Francisco Lorenzo Mariño, Sagres, Ardora, ANPA, Dourixeira, Xuventú Aguiño, Comisión de Festas, Aguieiro, Pensionistas de Xubilados do mar, Confraría de Pescadores/as e PAX in Requiem. Entendemos que non representa unicamente o sentido relixioso e cristián do aniversario, senon tamén á parroquia como comunidade, entendidad como unha poboación unida independentemente de crenzas e ideoloxías por un fin común, sentirse aguiñenses e conmemorar a identidade propia do noso pobo.


Decidíuse que este símbolo irá en todos os eventos e actividades que organicen estas asociacións en Aguiño durante este ano 2009, sexan actos propios da efeméride ou os tradicionais celebrados anualmente polo tecido social da parroquia. Tamén que non se creará un Comité Organizador, e que o peso dos actos recaerá na Asociación Francisco Lorenzo Mariño, que realizará entre outros, de xeito individual ou co apoio das outras entidades, a Semana Cultural de Xaneiro, os actos institucionais do 9 de maio, a web de aguiño (http://www.aguiño.com/), un concerto e unha representación teatral conmemorativa, un certame literario, unha publicación sobre a historia de Aguiño e a XXXII Romaxe de Crentes Galegos en setembro en Couso en colaboración con Irimia. O resto das entidades de Aguiño tamén se volcarán con este efeméride, pero doutro xeito, apoiando na organización de actos concretos á nosa asociación e incluíndo nas súas propias actividades a imaxe institucional desta Celebración.

..........................

APUNTAMENTOS SOBRE A CREACIÓN DA PARROQUIA


Porto de Aguiño no ano 2006

A Parroquia de Aguiño foi segregada de San Paio de Carreira o 9 de maio de 1959 mediante Decreto Arcebispal asinado polo Cardenal Quiroga Palacios, Arcebispo de Santiago, logo da solicitude realizada polo párroco de Carreira, Don Alejandro, e motivando a segregación na imposibilidade de atender a tanta poboación e lugares tan afastados entres si. A división dou lugar a unha parroquia de 4,7 km2, lindando ó norte con Carreira, ó leste coa Ría de Arousa e Castiñeiras (con esta última parroquia a partir de 1967), ó sur co Océano Atlántico e ó oeste co comezo da Costa da Morte. Os lugares segregados foron Listres, Graña, Couso, Porto, Tasca, Cerca e Sálvora, contaba con 1800 veciños/as, na actualidade pasa dos tres milleiros. Constituiuse como Parroquia de "Ascenso" con dereito a Párroco e coadxutor, casa rectoral, templo e rendas pertinentes, baixo a advocación de Nosa Señora, a Virxe do Carme, Patrona dos Mariñeiros e as xentes do mar.

.................................

OS PÁRROCOS E CURIOSIDADES DA IGREXA DE AGUIÑO


Busto de Don Francisco no adro da Igrexa, inaugurado en 2002

O primeiro párroco foi Francisco Lorenzo Mariño, que chegou en outubro de 1959, sendo nomeado polo Cardenal Quiroga Palacios o 20 de setembro dese mesmo ano. Era a súa primeira parroquia como tal, xa que ata o momento so estivera como coadxutor en Sada durante dous anos, xa que foi ordeado Sacerdote no 1956. Naceu en Porto do Son, orfo de pai, viviu a infancia na Coruña, estudiou en Comiñas e Licencíouse en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma, onde pasou boa parte dos seus estudios (Roma, Milán, Venecia, Nápoles...).


Cristo e Altar da Igrexa Parroquial no acto de Homenaxe póstuma no 2004

A Igrexa Parroquial inaugurouse no 1967, as obras empezaron no 1963, foi diseñada orixinalmente polo párroco coa forma dun barco, aberta e dunha sola nave, decorada posteriormente con temática mariñeira. Casa Rectoral e campanario semellantes á ponte dun barco, contando o segundo co escudo e a bandeira de Galicia gravados en cemento e pintados ó efecto (en pleno Réxime Franquista). Entre outros méritos, o templo conta con ser o primeiro de Galicia en ter todo integramente en galego (viacrucis incluídos), feitos e pintados nos cemento fresco das paredes. A liturxia foi unha das primeiras (por non decir a primeira, hai dúbidas de se Manuel Espiña, Chao Rego ou outro misaron antes en galego) en lingua galega, pero a primeira en celebrar principalmente na nosa lingua e realizar unicamente unha única Misa en castelán á semana (agás peticións particulares), así como a celebración de todos os Sacramentos (Bodas, bautizos, Primeiras Comuñóns, Funerais, Confesión...). A música da liturxia tamén era e é en galego, o mesmo que as oracións, dalí sairon as primeiras cancións ideadas por Andrés Torres Queiruga entre outros en Roma (a finais da década dos ´50) como "Onda ti noso pai á tardiña", "Santo es ti", "Adeus irmán", "Esa é María, a nosa Nai" ou "Xesús é o capitán".


Obras no interior da Igrexa Parroquial no ano 2005

O sagrario é de pedras da praia simulando un dolmen, o Cristo crucificado está colgado con cabos mariñeiros de barcos de Aguiño (algúns de naufraxios), as lámapadas simulan salvavidas mariñerios, o púlpito é o timón dunha embarcación, os apliques laterais son candís de barcos, as fiestras da porta principal son ollos de boi, poutadas, áncoras, patelas, e un longo etcétera de temática mariñeira. No ano 2000 D. Francisco fixo os viacrucis sobre corcho empregando debuxos e imaxes de AD Rodriguez Castelao, así como colgar os medallóns de Sargadelos das Romaxes de Crentes Galegos (con estos mesmos medallóns estaba decorado durante a década dos ´90 o adro), e no ano 2003 unhas pedras enchoupadas de chapapote da praia de Pinisqueira foron parar como decoración dun lateral da Igrexa Parroquial.

Asistentes á Homenaxe póstuma a D. Francisco en 2004

Tamén conta con catro cadros de Manuel Ayaso realizados e donados polo propio autor ó cura e á parroquia no ano 2003. O templo foi remodelado, así como as imaxes do Neno e a Virxe (que se atopaban apolillados e degradados) no ano 2005 baixo a dirección de Álvaro Barros Quivén, segundo cura de Aguiño (de novembro de 2004 a setembro 2006), así como ampliado o Local Parroquial, ó que se lle puxo o nome de Francisco Lorenzo Mariño e se ampliou en 120 m2, remodelando todo o interior e exterior.

Adro e fachada da Igrexa de Aguiño na Festa do Outono de 2003

No exterior da Igrexa Parroquial, o adro conta cun hórreo de procedencia descoñecida que foi adquirido por D. Francisco na década dos ´60, así como un cruceiro de pedra cun Cristo tallado e un reloxo de sol, o busto en pedra do propio D. Paco, que foi inaugurado no ano 2000 nun acto popular de agradecemento ó parroco, tamén conta cunha pequena Virxe e un Moucho de pedra na fachada do templo, e unha pedra do mar cunha placa de lembranza baixo unha grande cruz branca inaugurada en febreiro de 2004, un mes despois do seu pasamento.


Sagrario, Cadro de Ayaso e Certificado da Medalla de Galicia concedida a D. Francisco polo Parlamento no ano 2002

Por último, sinalar, que a principal rúa de Aguiño leva o nome de Don Francisco, votada en Pleno Municipal coa unanimidade de toda a Corporación Municipal baixo o mandato de José Luis Torres Colomer, inaugurada en xullo do 2003 coa presenza do Arcebispo de Santiago, Xulián Barrio e doutras autoridades civís e relixiosas.


José Luis e Leonor inauguraron a placa na Homenaxe póstuma a D. Paco no 2004

.............................

martes, 20 de xaneiro de 2009

Función Teatral na IV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño

.....................
Obradoiro de Teatro Concello de Noia
coa función "Retrincos de humor"
O sábado 17 de xaneiro, ás 20:30 h no Conservatorio de Música de Aguiño tivo lugar a función de teatro a cargo do Grupo do Concello de Noia, ó finalizar, o presidente e a secretaria da Asociación entregaron uns agasallos conmemorativos do 50 Aº da Parroquia de Aguiño a varias institucións, entidades e personas colaboradoras nesta e noutras ocasións. Ó finalizar tivo lugar un Viño Galego.
..........................................
Público asistente ó acto

Agradecemento do Presidente da entidade



Entrega de agasallo á Área de Cultura do Concello de Riveira
recolle o concelleiro Luciano Fernández Martínez
entrega o Presidente da asociación, Unai González Suárez



Entrega de agasallo a Segundo Durán, "Chiki" pola súa colaboración
na IV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño


Entrega de agasallo a Juancho Fernández, Presidente de A Gandaina
pola súa colaboración coa entidade


Entrega de frores a agasallos ós compoñentes do
Obradoiro de Teatro. Entrega Pilar Millet, Secretaria da entidade


Entrega de agasallo conmemorativo, en lembranza
do 50 Aº da Parroquia de Aguiño a Victor Vez,
director do Obradoiro de Teatro e do Grupo Candelexas


Público asistente ó acto

Un momento da actuación

Outro momento da actuación

Ofrenda Floral a Francisco Lorenzo Mariño


.................................

O sábado 17 de xaneiro, coincidindo día da semana e data do enterro de Francisco Lorenzo Mariño fai xa cincoa anos, tivo lugar no Cemiterio de San Vicente de Noal de Porto do Son, a Ofrenda Floral que todos os anos organiza esta entidade. O manifesto foi realizado e leído polo presidente da asociación, Unai González Suárez. O ramo de rosas vermellas foi depositado na tumba de Paco por Sarai e Miriam Pouso e Pamela e Alejandra Sampedro, soaron as gaitas de A Gandaina de Palmeira, primeiro coa Marcha do Antigo Reino de Galicia e ó final co Himno Galego. Tamén rezamos un Noso Pai. Acompañáronnos moitos veciños/as de Aguiño, do Son e da comarca, tamén autoridades como Manolo Tomé, Alcalde do Son, ou Francisco Mareque, Voceiro do PSG-PSOE no Concello de Riveira. Á Misa que se celebrou en Aguiño e foi oficiada por Rubén Aramburu, tamén acudiu o Alcalde de Riveira, José Luis Torres Colomer.


Benvida ó acto

Público asistente ó acto

Grupo A Gandaina de Palmeira


Lectura do Manifesto polo presidente da entidade

Xornadas de Etnografía e Historia de Aguiño

................................
María Luisa López de O Faiado 2 e Antonio Piñeiro impartiron as ponencias das Xornadas de Etnografía e Historia de Aguiño no ano do seu 50 Aº como Parroquia


Inauguraron o Tenente de Alcalde de Riveira,
Vicente García, e o Presidente da asociación

Tamén se visualizaron imaxes e documentos antigos sobre Aguiño

Luisa falou da etnografía, o patrimonio e a paisaxe

Antonio falou de rasgos históricos de Aguiño dende o ano 2000 AC


Asistiu numeroso público entre o que se atopaban
varias autoridades municipales e políticos locais


Preto dun cento de personas acudiron á Casa do Mar de Aguiño


O presidente da asociación acompañou ós ponentes das conferencias


Tamén se falou de preservar a memoria histórica e
ter conciencia de que Aguiño ten milleiros
de anos e foi un dos primeiros asentamentos de Galicia

Falóuse de que os veciños/as que teñan imaxes ou documentos antigos de Aguiño que os empresten á asociación FLM para enriquecer a publicación que se presentará a finais de ano.
Tamén para organizar unha exposición histórica e un catálogo de imaxes que fará a asociación Sagres dentro dos actos deste 50 Aniversario da Parroquia

Entregáronse uns agasallos conmemorativos do
50 Aª da Parroquia e unhas rosas brancas ós ponentes,
ó concelleiro e os membros de A Gandaina que
fixeron un pequeno concerto ó rematar as xornadas.
...................................

xoves, 15 de xaneiro de 2009

IV SEMANA CULTURAL FRANCISCO LORENZO MARIÑO

IV SEMANA CULTURAL




FRANCISCO LORENZO MARIÑO




50 ANOS DE PARROQUIA






Non esquezades participar nestas xornadas onde falaremos de etnografía, patrimonio, paisaxe e historia de Aguiño e proxectaremos fotos antigas do pobo, seguro que ides disfrutar con recordos e vivencias de feitos tristes (como o desastre do Prestige ou o afunimento do Cartagena, e felices como a creación da vella lonxa, o campo de futbol ou a casa da cultura ou antigas festas do Carme).



Teremos con nós a dous profesionais como Mª Luisa a do Faiado e Antonio Piñeiro, tamén música para rematar o venres. O sábado estaremos no Son visitando a Paco e dándolle o noso agarimo cun ramo de rosas vermellas, un Pai Noso e o son das Gaitas de Gandaina entoando a Marcha do Antigo Reino de Galicia e o Himno Galego.



Tamén teremos Misa en Aguiño ás 19:15 h, oficiada por Cesáreo Canabal e cantada polo Coro Parroquial que dirixe Antonio Fernández ("Tucho o organista"), e para rematar, teatro no Conservatorio de Aguiño ás 20:30h a cargo do Obradoiro de Teatro Concello de Noia que dirixe Victor Vez e representarán "Retrincos de humor", unha recompilación de monólogos humorísticos que non pasarán desapercibidos. Logo haberá un Viño Galego, para compartir e picotear todas e todos mentas falamos do mundo, de Paco, dos 50 anos da nosa grandiosa Parroquia-Pobo de Aguiño e do que queira cada un, confraternizando e unindo xente como Paco nos ensinou ó longo de 45 anos.

Presentación dos actos da IV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño


Nova Xunta Directiva da entidade (2008-2010):

Unai González, Presidente. Sara Reiriz, Vicepresidenta. Pilar Millet, Secretaria. Josefa Suárez, Vicesecretaria. María Soledad Ayaso, Tesoreira. Ramona Sampedro, Vicetesoreira. Francisco González, Teresa Sampedro, José Manuel Prado, Eva Fernández e José Luis Paz, Vocais.



Grazas a todas e todos por vir, estades invitados,

todos os actos son gratuítos, e valen a pena,

un bico agarimoso de 50 anos de historia!

venres, 2 de xaneiro de 2009

ANO 2009, ANO DE AGUIÑO

BENVIDO ANO 2009!!!

Este é o ano de Aguiño, o 50 Aniversario da Parroquia e o V Aniversario do Pasamento de Don Paco, que finou o 16 de xaneiro de 2004.
REUNIÓN DAS ASOCIACIÓNS DE AGUIÑO PARA CREAR O COMITÉ DE ACTOS
O vindeiro mércores 7 de xaneiro ás 20:30 h terá lugar no Local Parroquial Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño unha reunión con todo o tecido asociativo da parroquia para organizar un Comité de Actos para esta efeméride, tamén estamos a traballar no logo identificativo desta celebración que será presentado e publicado neste blog.
ACTIVIDADES INMEDIATAS A LEVAR A CABO
Decir que as vindeiras actividades serán este luns 5 de xaneiro, coa participación de 30 nenas e nenos de Aguiño na Cabalgata de Reis de Riveira, tamén o martes 6, a Asociación pediu a Melchor, Gaspar e Baltasar que acudan á Misa das 11:30 h na Igrexa Parroquial de Nosa Señora do Carme para recibir a todos os nenos de Aguiño e entregarlles caramelos e lambetadas,
ALÍ ESTARÁN!!!
PROXIMAMENTE...
Nos esquezades que tamén traballamos para celebrar a IV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño que será do 10 ó 17 de xaneiro, e coma sempre haberá conferencias, concertos, actos institucionais e relixiosos. Destacar que a OFRENDA FLORAL será no cemiterio de Porto do Son ás 17:30 h o sabado 17 de xaneiro, estará o grupo A Gandaina de Palmeira para entonar o Himno Galego e a Marcha do Antigo Reino de Galicia, tamén leeremos o manifesto e rezaremos o Noso Pai que Cristo primeiro, e Paco despois, nos ensinaron.