Non esquezades participar nestas xornadas onde falaremos de etnografía, patrimonio, paisaxe e historia de Aguiño e proxectaremos fotos antigas do pobo, seguro que ides disfrutar con recordos e vivencias de feitos tristes (como o desastre do Prestige ou o afunimento do Cartagena, e felices como a creación da vella lonxa, o campo de futbol ou a casa da cultura ou antigas festas do Carme).
Teremos con nós a dous profesionais como Mª Luisa a do Faiado e Antonio Piñeiro, tamén música para rematar o venres. O sábado estaremos no Son visitando a Paco e dándolle o noso agarimo cun ramo de rosas vermellas, un Pai Noso e o son das Gaitas de Gandaina entoando a Marcha do Antigo Reino de Galicia e o Himno Galego.
Tamén teremos Misa en Aguiño ás 19:15 h, oficiada por Cesáreo Canabal e cantada polo Coro Parroquial que dirixe Antonio Fernández ("Tucho o organista"), e para rematar, teatro no Conservatorio de Aguiño ás 20:30h a cargo do Obradoiro de Teatro Concello de Noia que dirixe Victor Vez e representarán "Retrincos de humor", unha recompilación de monólogos humorísticos que non pasarán desapercibidos. Logo haberá un Viño Galego, para compartir e picotear todas e todos mentas falamos do mundo, de Paco, dos 50 anos da nosa grandiosa Parroquia-Pobo de Aguiño e do que queira cada un, confraternizando e unindo xente como Paco nos ensinou ó longo de 45 anos.
Presentación dos actos da IV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño
Nova Xunta Directiva da entidade (2008-2010):
Unai González, Presidente. Sara Reiriz, Vicepresidenta. Pilar Millet, Secretaria. Josefa Suárez, Vicesecretaria. María Soledad Ayaso, Tesoreira. Ramona Sampedro, Vicetesoreira. Francisco González, Teresa Sampedro, José Manuel Prado, Eva Fernández e José Luis Paz, Vocais.
Grazas a todas e todos por vir, estades invitados,
todos os actos son gratuítos, e valen a pena,
un bico agarimoso de 50 anos de historia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario