luns, 9 de marzo de 2009

NOVA REUNIÓN

CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA XD da AFLM PARA O 11/03/2009




Queda convocada reunión da Xunta Directiva da AFLM para o vindeiro mércores 11 de marzo ás 20:30 h no Local Parroquial Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación da acta anterior
2.- Elección do debuxo da camiseta e do chaveiro para por á venda
3.- Comunicación da colocación dos petos de donativos
4.- Elección de lema, medallón e designación de grupos da Romaxe de Aguiño
5.- Certame Literario
6.- Comunicación da concesión da subvención de cultura do Concello de Riveira do 2008 para AFLM, Ardora e Dourixeira.
7.- Conta da entidade en Caixa Galicia; saldo e novas sobre a modificación de datos da mesma
8.- Rogos e preguntas
O presidente, Unai González Suárez

ACTA DA REUNIÓN DO 26/02/2009

REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA AFLM O 26/02/2009 Reunida a Xunta Directiva da entidade con varios puntos na orde do día, tomáronse os seguintes acordos de interese:
- Aprobación da orde anterior.

- Decidíuse que os actos principais e máis característicos do 50 Aniversario da Parroquia de Aguiño sérán realizados e asumidos integramente pola nosa entidade, dado a falta de concreción e unanimidade de todas as asociacións do pobo para chegar a un acordo na formación do Comité de Actos. Foi aprobado na anterior reunión o logo do aniversario (07/01/2009) por maioría dos presentes e a súa utilización en todas as actividades que realicen as distintas entidades ó longo deste ano. Respecto a colaboración directa será ARDORA, DOURIXEIRA e XUVENTÚ AGUIÑO. Tamén colaborarán a ASOCIACIÓN DE XUBILADOS, ANPA VIRXE DO CARME e AGUIEIRO. O resto incluirán nas actividades que realicen o logo elexido e poderán realizar colaboracións específicas e concretas.


- Mecanismos de financiación para os actos do 50 Aniversario da Parroquia de Aguiño:

* Realización e venda de 600 camisetas cun motivo alusivo ó 50 Aniversario de Aguiño


* Realización e venda de 250 chaveiros cun motivo alusivo ó 50 Aniversario polo anverso e a imaxe de Nosa Señora do Carme de Aguiño polo reverso

* Colocación de 50 petos para donativos no comercio e hostalería de Aguiño

* Envio de cartas solicitando axudas, patrocinio, publicidade, colaboración ou donativos a empresas afincadas en Aguiño ou Ribeira

- Subvencións e axudas públicas:

* Foron solicitadas subvencións á Exma. Deputación de A Coruña e á Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para as actividades a realizar dentro da convocatoria destas institucións para o ano 2009.

* Estamos agardanado a comunicación da resolución de subvencións para actividades culturais do Concello de Riveira do ano 2008.

* Ardora e A Dourixeira deixaron as súas entidades para solicitar subvencións á Deputación para os actos do 50 Aniversario, e así foron tramitadas en colaboración coa nosa entidade.

* Solicitaránse pola nosa entidade e por Ardora dúas funcións de teatro dentro da Rede Cultural da Deputación de A Coruña unha vez abra o prazo para o ano 2009.

- Outros ingresos para financiación:

* Donativo da ANPA de Aguiño de 66,00 € para os actos do 50 Aniversario; comunicaron que seguirán colaborando coa nosa entidade cos cartos que recauen de xeito extraordinario nas actividades que realicen.

- Decidiuse crear a AULA DAS LETRAS FRANCISCO LORENZO MARIÑO, para o cal se solicitarán dotación de fondos bibliográficos a fundacións, institucións, entidades e empresas do sector do libro. Tamén unha actividade literaria ó Concello de Riveira (Área de Eduación ou Cultura - Biblioteca e Arquivo Municipais). Tentarase inaugurar con esta actividade no mes de abril (Mes do Libro).

- Autorizóuse ó Presidente a coordinar e realizar as tarefas necesarias para a publicación histórica de Aguiño que xa se tiña acordado realizar dende o 25/10/2008, así como reunir documentación, imaxes e testemuñas de interese para a mesma. Preténdese presentar en novembro ou decembro deste ano. Buscaráse colaboración económica de institucións e empresas para a súa edición.

- Queda pendente para a vindeira reunión a elección de grupos para a Romaxe de setembro, así como o lema e medallón correspondente; debe coordinarse con Irimia e saber que acordos se tomaron na Festa do Lume deste ano en Frades. Tamén queda pendente o Certame Literario e os actos do 9 de maio.

En aguiño, a 26 de febreiro de 2009.

O Presidente: Unai González Suárez

A Secretaria: Mª Pilar Millet Dios