REUNIÓN ORDINARIA DA ASAMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN CULTURAL, RECREATIVA E VECIÑAL FRANCISCO LORENZO MARIÑO DE AGUIÑO O 08/10/08
Do mesmo xeito, dar conta de que o pasado Mércores 8 de outubro, ás 20:30 horas tivo lugar no Local Parroquial de Aguiño a reunión ordinaria anual da Xunta Xeral da ACRV Francisco Lorenzo Mariño, aprobándose todos os puntos da orde do día por unanimidade dos presentes (máis de 2/3 dos socios/as da entidade):
1.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2.-Asumir a realización de actos conmemorativos do 50 Aniversario da fundación da Parroquia de Aguiño o vindeiro 2009. Creación dun Comité Organizador coas outras entidades da parroquia, realización da XXXII Romaxe de Crentes Galegos (setembro)en colaboración con Irimia, da IV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño (xaneiro), dos actos do V Aniversario do Pasamento de Don Francisco (xaneiro) e dos actos oficiais de conmemoración da fundación da parroquia en maio de 2009.
3.- Cancelación da conta actual en Caixa Galicia e apertura dunha nova en Caixa Nova de Ribeira, con catro autorizados (cargos da XD).
4.-Realización de Lotería de Nadal con recargo dun euro cada catro para recadación de fondos para os actos do 50 Aniversario da fundación da Parroquia de Aguiño. Catro mil euros en lotería en participacións de 5 e depositados en Caixa Nova de Ribeira (actualmente xa está vendida máis da metade)
5.-Aprobación das Contas Xerais da entidade dos anos 2006 e 2007, e poñer ós socios/as ó corrente do saldo actual e dos gastos e ingresos realizados no ano 2008.
6.-Aprobación da solicitude de subvención do Concello de Ribeira para actividades culturais do ano 2008, así como información ós socios/as sobre as subvencións dadas e concedidas no ano actual (ningunha a día de hoxe concedida, á espera da notificación da Deputación solicitada en xaneiro) e denegación do grupo solicitado mediante a Rede Cultural da Deputación de A Coruña para as Festas de Aguiño 2008
7.-Convocar eleccións de cargos da Xunta Directiva para o período 2008-2010, os comicios serán o día 25 de outubro de 2008, dando conta ás socias/os que queiran presentar candidaturas que teñen 15 días naturais para facelo.
8.- Información sobre o blog da entidade e a adquisición dun dominio web por cinco anos. O blog htpp://aflm.aguino.blogspot.com, superou xa as 500 visitas en 6 meses de funcionamento. Adquiríuse o dominio www.aguiño.com ata o ano 2013 para a creación dunha web da entidade o vindeiro ano 2009 con motivo do 50 Aniversario da Parroquia de Aguiño.
9.-Rogos e preguntas (o Presidente propón introducir na seguinte orde do día para a reunión da Asamblea Xeral Extraordinaria, a modificación do Art. 13.1 dos estatutos da entidade, por consideralo directamente relacionado coas eleccións á Xunta Directiva; apróbase por unanimidade. Tamén propón realizar o mesmo día 25/10/2008, ás 19:00 h unha Reunión Ordinaria da Asamblea Xeral con representantes de Irimia para tratar o tema da organización da vindeira Romaxe 2009 (en setembro) tal e como aprobou a citada asociación na Festa do Lume celebrada no Pazo de Galegos en Frades, en febreiro de 2008, sendo esta a 3ª vez que se celebrará en Aguiño e único lugar de Galicia onde sucede este feito; apróbase por unanimidade). Recordóuselle todos os socios/as participantes a relación de colaboración mantida durante todo o ano co Concello de Riveira, en particular con Luciano Fernández Martínez, responsable da Área de Cultura e Festexos, ca Peña Madridista Amancio de Ribeira, coa Comisión de Festas de Aguiño e coa Asociación Irimia. Tamén a posta en funcionamento de dous novos cursos (outubro a xuño) de Arte Floral e Pandeireta (o primeiro con 20 socias e o segundo con 12) en Aguiño. Péchase a sesión ás 22:30 horas.
martes, 28 de outubro de 2008
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario