REUNIÓN EXTRAORDINARIA DA ASAMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN CULTURAL, RECREATIVA E VECIÑAL FRANCISCO LORENZO MARIÑO DE AGUIÑO. SÁBADO 25 DE OUTUBRO ÁS 18:00 H
Esta sábado pasado 25-10-08 ás 18:00 h no Local Parroquial Francisco Lorenzo Mariño tivo lugar a Asamblea Xeral Extraordinaria da ACRV Francisco Lorenzo Mariño, con dous puntos na Orde do Día:
1.- Modificación do Art. 13.1 dos estatutos da entidade, onde se facía referencia ó número e cargos da Xunta Directiva, sendo de 9, e pasando a aumentala a 11 creando os cargos de Vicesecretaria e Vicetesoureira para garantir o funcionamento e administración da asociación. Aprobado por unanimidade dos socios/as presentes.
2.- Convocatoria de Elección de cargos da Nova Xunta Directiva (a actual estivo dende xaneiro de 2006 ata a actualidade), que pasa de 9 a 11 membros. Presentada unha única candidatura queda aprobada por unanimidade dos presentes (máis de 2/3 da Asamblea Xeral). Estará en vigor de outubro de 2008 a outubro de 2010 (un período de 2 anos), resultando a seguinte:
Unai González, Presidente. Sara Reiriz, Vicepresidenta. Pilar Millet, Secretaria. Josefa Suárez, Vicesecretaria. María Soledad Ayaso, Tesoreira. Ramona Sampedro, Vicetesoreira. Francisco González, Teresa Sampedro, José Manuel Prado, Eva Fernández e José Luis Paz, Vocais.
Péchase a sesión coa aprobación por unanimidade dos dous únicos puntos sendo as 18:40 horas, o cal se recolle en acta, se publica no panel de anuncios da entidade durante 15 días e se notifica ós medios de comunicación social para o seu coñecemento público a tódolos efectos recollidos nos estatutos e na Lei Xeral de Asociacións.
martes, 28 de outubro de 2008
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario