domingo, 20 de decembro de 2009

ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE AGUIÑO 2009



O vindeiro sábado 26 de decembro ás 19:00 h no Conservatorio de Aguiño, ao carón do campo de futbol na R/ Castelao, terá lugar o Acto de Presentación do libro "Aguiño, 50 anos de Parroquia. Historia e memoria dun pobo mariñeiro" editado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño e coordinado por Unai González Suárez.

No libro participaron personaxes da cultura barbanzá como J.A Otero Sobrido, Historiador e Arquiveiro Municipal de Ribeira; Mª Luisa López e Ramiro Villoch, Mestra e médico respectivamente e membros da asociación O Faiado-2; Victor Barbeito Pose, Arqueólogo do Centro Arqueolóxico do Barbanza en Neixón; Emilio Rodríguez López, mestre e escritor, recentemente falecido; Andrés Torres Queiruga, teólogo, filósofo e sacerdote; Rubén Aramburu Molet, párroco de S. Tomé de Piñeiro; Ricardo Pérez Queiruga, Politólogo e mestre que foi Patrón Maior de Aguiño, Alcalde de Ribeira e senador; Xosé Manuel Vilas Álvarez, Presidente do Xuventú Aguiño; Manuel Crujeiras Sampedro; Ventoso Mariño; Plácido Betanzos García; Eme Cartea; Xosé Chao Rego; Victorino Pérez Prieto; Xabi Blanco; Josefa Suárez Sampedro; Ciprián Rivas; Engracia Vidal Estevez; Manuel Dourado Deira; Xosé Manuel Pena... todo elo coa colaboración de numerosas personas, entidades e institucións entre as que queremos destacar a Alicia Padín Otero, Normalizadora Lingüística do Concello de Riveira e a Luis Monteagudo Calviño, Secretario da Confraría de Carreira e Aguiño.


Trátase dun volume en edición de luxo, tapas duras, con 445 páxinas e máis de 500 fotografías antigas e actuais de Aguiño e as súas xentes. Contidos sobre a historia, a arqueoloxía, o patrimonio etnográfico, o mar, a parroquia, a educación, o deporte, a sociedade, a música, o comercio, as festas e un longo etcétera onde se pon de manifesto no só a importancia de Aguiño como parroquia dende fai 50 anos, senón tamén a importancia do noso pobo dende a época dos seus primeiros poboadores alá polo cuarto milenio a.C.

Unha publicación única, imprescindible na biblioteca de calquera aguiñense e de calquera persona que ame ou sinxelamente coñeza o noso pobo. Por tan solo o prezo do seu coste, é decir, 25 €, podedes telo na vosa casa cun fermoso marcapáxinas de agasallo... sen dúbida, un FERMOSO E UTIL AGASALLO PARA O NADAL!!!



Non faltedes ao acto de presentación onde tamén se poderá mercar o libro; haberá unha mesa redonda cos autores do libro, a inauguración da exposición "Aguiño, arqueoloxía e historia" e un Ágape de Confraternidade para pechar este ano 2009.

Non faltedes, é un acto aberto a todo o mundo e gratuíto, estaremos encantados de que veñades a despedir con nós este ano de celebración do médio século de historia da nosa parroquia!!!

Os e as que non poidades asistir poderedes adquirir o libro en calquera domicilio dos directivos da asociación, nas librerías Master de Ribeira e Aguiño do noso pobo ou informándovos nos teléfono 981 840513, 981 841105, 981 841262 ou no e-mail aflm.aguinho@gmail.com e na web www.aguiño.com

Non dubidedes asisti ao acto e moito menos adquirir esta fermosa e única publicación da que solo se realizaron 1200 exemplares e dos cales solo 800 sairán á venda!!!

Aproveitamos a ocasión para desexarvos o mellor para o vindeiro ano 2010 e unhas fermosas e BOAS FESTAS DO NADAL!!!

A Directiva
Asoc. Francisco Lorenzo Mariño
Aguiño, 50 anos de Parroquia!

Ningún comentario:

Publicar un comentario