mércores, 17 de xuño de 2009

PARALIZADA A CONDENA A TORRES QUEIRUGA

Segundo "religiondigital" a Conferencia Episcopal paralizou o expediente de condena da Obra Teolóxica de Andrés Torres Queiruga logo de aque os Bispos de Lugo e Ourense, membros do órgano de Goberno da Igrexa Católica Española, informasen de que a filtración do suposto expediente condenatorio estaba a producir unha importante oposición social en Galicia.


Andrés con Unai e Judit no Acto do 50 Aniversario da Parroquia de Aguiño no que foi nomeado AGUIÑÉS DE HONRA

Intelectuais da galeguidade, membros de órganos como a Real Academia ou o Consello da Cultura Galega, da Universidade de Santiago e do mesmo Cabildo Compostelán manifestaron a súa oposición radical a esta condena.


Tamén asociacións, fundacións e xornalistas, entre os que podemos citar a Barreiro Rivas, Ramón Baltar, Helena Villar Janeiro, Victorino Pérez Prieto..., ou entidades como a nosa Asociación ou A Dourixeira e Ardora condenaron a censura que a Igrexa pretendía exercer sobre a persona e a obra do Aguiñés de Honra.


Parece que polo de agora van deixar o asunto, o cal non quere decir que o retomen nun futuro, debemos estar atentos e atentas aos pasos que de a curia neste sentido. A Romaxe de Aguiño pode ser un punto e seguido para este expediente condenatorio, o cal non podemos permitilo, reiteramos que estamos dispostos a continuar coa nosa protesta e loita en favor de Andrés.


Polo de agora, felicitámonos todos e todas da boa nova. Forza e Aguiño en loita!



Unai González Suárez


Asociación Francisco Lorenzo Mariño

Ningún comentario:

Publicar un comentario