A Romaxe de Crentes Galegos 2009 volverase celebrar no pobo de Aguiño, o cal supón unha terceira edición neste lugar, un feito histórico xa que a Romaxe que organiza a Asociación Irimia ten lugar cada ano nun lugar diferente de Galicia dado o seu carácter itinerante.
Celebración da XXX Romaxe
Esta decisión tomóuna a Xunta Directiva de Irimia coa asamblea de socias/os nun acto celebrado en Galegos, Frades, na Festa do Lume 2009, onde acudirón preto de dúas ducias de aguiñeses no nome da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, que preside Unai González, para solicitar esta concesión dado que no ano 2009 cúmprense 50 anos da fundación da Parroquia de Aguiño (9 de maio de 1959) e 5 anos do pasamento de Paco.
O 12 de setembro de 2009, en Couso, terá lugar a celebración da XXXII Romaxe de Crentes Galegos, que será celebrada por Rubén Aramburu, Andrés Torres Queiruga e outros sacerdotes e membros activos de Irimia.
Artigo Prensa sobre Concesión da Romaxe
Agardamos que a participación sexa numerosa, a máis elevada como sucedeu nas Romaxes de 1979 (con 3000 asistentes) e na de 1995 (con 7000 personas).
A organización correrá a cargo da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño e de Irimia, apoiados por outras entidades do pobo, como a Comisión de Festas, a Asociación de Veciños/as Aguieiro..., e institucións como o Concello de Riveira.
Para máis información, contactar coa ACRV Francisco Lorenzo Mariño no correo aflm.aguinho@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario