venres, 23 de abril de 2010
PEREGRINACIÓN XACOBEA POLA RUTA DO MAR DE AROUSA E RÍO ULLA * AGUIÑO-SANTIAGO
A asociación volve a realizar unha actividade cultural, esta vez con motivo da celebración do Ano Santo 2010. Trátase dunha Peregrinación pola Ruta do mar de Arousa e río Ulla o sábado 5 de xuño con saída en catamarán ás 08:15 h até Cesures-Padrón, visita á Fonte do Carme, Pedrón, Igrexa de Iria Flavia... e obtención da Carta de Pedronía nesta vila. Camiñata a pé até Santiago con parada para xantar, Misa do Peregrino na Catedral de Santiago e regreso ao redor das 22 h.
O prezo é de 15 € por persona e hai 110 prazas, a entidade asume o 50% do prezo da viaxe xa que custa realmente 30 €. A entrada inclúe catamarán, autobús escoba e de regreso e chaleco e gorra serigrafiada cos logos da entidade.
Aproveitamos esta actividade para realizar unha reivindicación pacífica do nomeamento dun párroco titular para o noso pobo, tal e como realizamos xa noutros eventos organizados por esta asociación como o Acto Institucional do 9 de Maio de 2009, a XXXII Romaxe de Crentes Galegos ou a publicación do libro da Historia de Aguiño o pasado ano. Para elo levaremos unha pancarta na que se poderá ler a mensaxe "FACENDO O CAMIÑO POR UN PÁRROCO PARA AGUIÑO".
Dende a entidade agradecemos a labor pastoral que están a realizar o Administrador Parroquial, Cesáreo Canabal, e os sacerdotes Enrique Fernández e Ramiro Canabal no noso pobo; tamén agradecemos ao Arzobispado a boa sintonía que ten coa nosa asociación e co pobo de Aguiño ao estar estudando con agarimo unha solución á falta de párroco, sabemos que cedo nos darán unha resposta e entendemos a súa dificultade dado o grande número de parroquias na mesma situación, pero é a nosa obriga seguir reclamando, de xeito creativo e amistoso, o nomeamento dun párroco propio.
Para calquera consulta ou reservar invitacións, podedes dirixirvos aos teléfonos: 981840513 - 981 841260 - 981841105 ou ao correo electrónico aflm.aguinho@gmail.com
Máis información en www.aguiño.com e www.riveira.com/webaguino
domingo, 20 de decembro de 2009
ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE AGUIÑO 2009
O vindeiro sábado 26 de decembro ás 19:00 h no Conservatorio de Aguiño, ao carón do campo de futbol na R/ Castelao, terá lugar o Acto de Presentación do libro "Aguiño, 50 anos de Parroquia. Historia e memoria dun pobo mariñeiro" editado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño e coordinado por Unai González Suárez.
No libro participaron personaxes da cultura barbanzá como J.A Otero Sobrido, Historiador e Arquiveiro Municipal de Ribeira; Mª Luisa López e Ramiro Villoch, Mestra e médico respectivamente e membros da asociación O Faiado-2; Victor Barbeito Pose, Arqueólogo do Centro Arqueolóxico do Barbanza en Neixón; Emilio Rodríguez López, mestre e escritor, recentemente falecido; Andrés Torres Queiruga, teólogo, filósofo e sacerdote; Rubén Aramburu Molet, párroco de S. Tomé de Piñeiro; Ricardo Pérez Queiruga, Politólogo e mestre que foi Patrón Maior de Aguiño, Alcalde de Ribeira e senador; Xosé Manuel Vilas Álvarez, Presidente do Xuventú Aguiño; Manuel Crujeiras Sampedro; Ventoso Mariño; Plácido Betanzos García; Eme Cartea; Xosé Chao Rego; Victorino Pérez Prieto; Xabi Blanco; Josefa Suárez Sampedro; Ciprián Rivas; Engracia Vidal Estevez; Manuel Dourado Deira; Xosé Manuel Pena... todo elo coa colaboración de numerosas personas, entidades e institucións entre as que queremos destacar a Alicia Padín Otero, Normalizadora Lingüística do Concello de Riveira e a Luis Monteagudo Calviño, Secretario da Confraría de Carreira e Aguiño.
Trátase dun volume en edición de luxo, tapas duras, con 445 páxinas e máis de 500 fotografías antigas e actuais de Aguiño e as súas xentes. Contidos sobre a historia, a arqueoloxía, o patrimonio etnográfico, o mar, a parroquia, a educación, o deporte, a sociedade, a música, o comercio, as festas e un longo etcétera onde se pon de manifesto no só a importancia de Aguiño como parroquia dende fai 50 anos, senón tamén a importancia do noso pobo dende a época dos seus primeiros poboadores alá polo cuarto milenio a.C.
Unha publicación única, imprescindible na biblioteca de calquera aguiñense e de calquera persona que ame ou sinxelamente coñeza o noso pobo. Por tan solo o prezo do seu coste, é decir, 25 €, podedes telo na vosa casa cun fermoso marcapáxinas de agasallo... sen dúbida, un FERMOSO E UTIL AGASALLO PARA O NADAL!!!
Non faltedes ao acto de presentación onde tamén se poderá mercar o libro; haberá unha mesa redonda cos autores do libro, a inauguración da exposición "Aguiño, arqueoloxía e historia" e un Ágape de Confraternidade para pechar este ano 2009.
Non faltedes, é un acto aberto a todo o mundo e gratuíto, estaremos encantados de que veñades a despedir con nós este ano de celebración do médio século de historia da nosa parroquia!!!
Os e as que non poidades asistir poderedes adquirir o libro en calquera domicilio dos directivos da asociación, nas librerías Master de Ribeira e Aguiño do noso pobo ou informándovos nos teléfono 981 840513, 981 841105, 981 841262 ou no e-mail aflm.aguinho@gmail.com e na web www.aguiño.com
Non dubidedes asisti ao acto e moito menos adquirir esta fermosa e única publicación da que solo se realizaron 1200 exemplares e dos cales solo 800 sairán á venda!!!
Aproveitamos a ocasión para desexarvos o mellor para o vindeiro ano 2010 e unhas fermosas e BOAS FESTAS DO NADAL!!!
A Directiva
Asoc. Francisco Lorenzo Mariño
Aguiño, 50 anos de Parroquia!
sábado, 22 de agosto de 2009
XXXII ROMAXE DE CRENTES GALEGOS EN AGUIÑO
XXXII ROMAXE DE CRENTES GALEGOS
AGUIÑO, UN MAR DE GRAZAS
Sábado 12 de setembro de 2009
AGUIÑO, UN MAR DE GRAZAS
Sábado 12 de setembro de 2009
Un dos actos principais da celebración do 50 aniversario da Parroquia de Aguiño, trátase da XXXII Romaxe de Crentes Galegos que terá lugar o vindeiro Sábado 12 de setembro de 2009 no lugar de Couso do noso pobo; este evento está organizado pola asociación Francisco Lorenzo Mariño e IRIMIA. Contamos coa colaboración do Concello de Riveira e en especial da CONCELLERÍA DE CULTURA E FESTEXOS que dirixe Luciano Fernández e que nesta ocasión aporta parte da infraestructura da celebración. Tamén colaboran a Asociación Ardora que dirixe Dolores Pérez e a Asociación a Dourixeira-Comisión de Festas que dirixe Julio Abraldes. Contamos tamén coa colaboración de varias empresas como Angel López Soto, Clínica Dental Gonzalo López Castro, Panaderías Falcón e Isabel e os grupos de gaitas A Gandaina de Palmeira e Arume de Boiro.
Na celebración participarán ao redor de 150 personas directamente na organización, facéndose cargo de temas como a acollida aos participantes, que estimamos en máis de 5000 personas procedentes de toda Galicia, na cantina, no acto de celebración, no aparcamento dos máis de 60 autobuses e 500 turismos que se agardan, na liturxia, na animación, no xantar, na sinalización, etc. Estas personas estarán identificadas cunhas gorras e camisetas de organización, ademáis de con chalecos reflectantes os encargados dos aparcadoiros e sinalización; son socios/as de Francisco Lorenzo Mariño e A Dourixeira.
No lugar teremos debidamente sinalizadas as zonas de aparcamento para autobuses e para turismos e contaremos coa colaboración da Policía Local e Protección Civil de Riveira. Tamén haberá unha Cantina da organización onde poder tomar cervexa, refrescos, agua, café e chupitos a prezos populares para axudar á financiación do evento; asemade, venderánse os típicos medallóns de sargadelos conmemorativo e deseñado en exclusiva para esta ocasión, ademais de camisetas e chaveiros.
A celebración garda grandes sorpresas como unha bendición de augas chegadas de moitos lugares de Galicia, a procesión do Evanxeo con pancartas solidarias e reivindicativas na defensa da terra, do mar, da lingua, do traballo, da vivenda, da cultura, dunha igrexa católica de base achegada ao pobo e non xerarquizada, etc; sempre con ánimo de comunidade, pacífica, despolitizada e cunha proposta de achegamento a todos os sectores e estamentos cristiáns, políticos, económicos e sociais.
Esta é a 32 edición desta celebración que naceu no 1978 co ánimo de unir FE e Galeguidade e tivo lugar no nacemento do Río Miño, a segunda quixo facerse mariñeira e tivo lugar en Aguiño da man de Francisco Lorenzo, Chao Rego, Tori Pérez Prieto, Manolo Regal, Bernardino Graña, Francisco Carballo, Manuel Espiña, etc. Tamén no ano 1995 tivo lugar a segunda de Aguiño (único lugar onde se celebrou en máis dunha ocasión), xa coa presenza de outra xente ademais dos anteriores, tales como Rubén Aramburu, Andrés Torres Queiruga, Xabi Blanco, etc. Esta é a III Romaxe en Aguiño, coincide co 50 aniversario da Fundación da Parroquia e fai tamén tres décadas que tivo lugar a primeira no noso pobo baixo o lema “Batidos polo mar”. Na do 1978 houbo case tres milleiros de personas, na do 1995 foron máis de cinco milleiros (a máis numerosa na historia das Romaxes), este ano agardamos superar esta cifra e alcanzar os 6000.
A nosa asociación editou 200 carteis coa programación, 4 lonas de carretera e 1 de farola, tamén o difundiremos a través da nosa web e coa colaboración dos medios de comunicación públicos. IRIMIA tamén o difunde na súa revista quincenal que conta cunha tirada de 5000 exemplares e máis de 2000 subscritores, así como todos os grupos que participan na Romaxe como o Colectivo Home Novo da Coruña, Cristo da Victoria de Vigo, San Tomé de Piñeiro de Marín, Mulleres Rurais Galegas, Galiza non se vende, Coordinadora de Cristiáns Galegos, Amigos de Mazaricos, etc, etc das 4 provincias galegas.
A nosa asociación editou 200 carteis coa programación, 4 lonas de carretera e 1 de farola, tamén o difundiremos a través da nosa web e coa colaboración dos medios de comunicación públicos. IRIMIA tamén o difunde na súa revista quincenal que conta cunha tirada de 5000 exemplares e máis de 2000 subscritores, así como todos os grupos que participan na Romaxe como o Colectivo Home Novo da Coruña, Cristo da Victoria de Vigo, San Tomé de Piñeiro de Marín, Mulleres Rurais Galegas, Galiza non se vende, Coordinadora de Cristiáns Galegos, Amigos de Mazaricos, etc, etc das 4 provincias galegas.
O programa da Romaxe será o seguinte:
10:00 h Bombas de palenque anunciarán a Romaxe
10:00 h Pasarrúas con Arume e A Gandaina por Aguiño
11:00 h Acollida con Mexilón e Viño de balde en Couso
12:00 h Celebración no Miradoiro de Couso
14:00 h Xantar Compartido no Merendoiro
16:00 h Concerto da Quenlla en Couso
18:30 h Oración da tardiña na Igrexa de Aguiño
10:00 h Pasarrúas con Arume e A Gandaina por Aguiño
11:00 h Acollida con Mexilón e Viño de balde en Couso
12:00 h Celebración no Miradoiro de Couso
14:00 h Xantar Compartido no Merendoiro
16:00 h Concerto da Quenlla en Couso
18:30 h Oración da tardiña na Igrexa de Aguiño
É importante destacar que haberá unha carpa de 900 m2 por se chove ou hai moito sol, tamén haberá cantina a prezos populares. Sinalizaremos o lugar dende a sáida da autovía en Xarás, nas Saiñas-Palmeira, no Cruce do Vilar en Carreira e no Malecón de Ribeira. Tamén no Cruce de Aguiño e na Graña-Couso.
Como sempre, a celebración durará un par de horas e estará amenizada polo Grupo Folk A Quenlla, recentes gañadores do Pedrón de Ouro e do Premio en defensa da Lingua Galega. Tamén haberá animación con gaitas de Arume e A Gandaina e a celebración mesturará elementos litúrxicos como a bendición das augas e o pan, a lectura do evanxeo, etc, cun texto realizado por Unai González Suárez, Xabi Blanco e Rubén Aramburu no que aparecerán representados e caracterizados os personaxes de Don Paco de Aguiño, a Serea de Sálvora, a Meiga e o Frade do Pedregal de Irimia ideados polo teólogo Chao Rego, unha Redeira de Aguiño e dous Guieiros da celebración, sen dúbida un texto ameno que une galeguidade, cristiandade, reivindicación laboral, económica e social, defensa da terra e do mar, do medio ambente e por suposto, a laboura e figura de Don Paco Lorenzo Mariño e a historia de Aguiño, Sálvora e Riveira dende a súa orixe.
venres, 3 de xullo de 2009
Festa do Carme - Aguiño 09 -
XOVES 16 DE XULLO
Día do Carme
09:00 h. - Dianas e alboradas con 21 bombas de palenque.
09:30 h. – Pasarrúas con gaitas do país (Grupo ARUME de Boiro)
11:30 h. – Misa Solemne na honra da Nosa Patroa A VIRXE DO CARME cantada polo Coro Parroquial acompañado polo Grupo ARUME.
12:30 h. – Procesión acompañada pola Banda de Música de Cedeira.
18:00 h. – Campionato de Tenis para mayores na pista de tenis da Praia da Katía, Premio “Cochinillo”.
19:00 h. – Campionato de Escoba no Bar Tallante. Premio “Cochinillo”.
20:00 h. – Campionato de Dardos no Bar El Cruce 1 e Bar El Cruce 2. Premio “Cochinillo”.
23: 00 h. – Gran Verbena a cargo das orquestras:
D´TACÓN
e
“OS SATÉLITES”
00:00 h. – Pregón…
--------------------------------------------------------------------------------
VENRES 17 DE XULLO
09:00 h. – Diana e alboradas con 21 bombas de palenque.
09:30 h. – Pasarrúas con gaitas do País (Grupo ARUME de Boiro)
10:00 h. – Campionato de Tenis Infantil na pista de tenis da Praia da Katía. Premio “Cochinillo”.
11:00 h. – Concurso de Debuxo para todas as idades no salón da Cofradía.
11:30 h. – Carreira de Sacos para todos na explanada da festa.
12:00 h. – Carreira de Chalanas cos ollos tapados. Premio “Cochinillo”.
12:30 h. – XXXIV Concurso de Cucañas (No Porto de Aguiño). Premio “Cochinillo”. Vente comer unhas boas mocadas pra nos rir todos.
17:00 h. – INFANTILANDIA de 17:00 h a 21:00 h. no Campo da Tasca ou no Grupo Escolar (con hinchables, búfalo mecánico, festa da espuma, etc…)
18:00 h. – Campionato de Manilla no Bar Serriño. Premio “Cochinillo”.
21:00 h. – Campionato de Futbolín a celebrar no Bar Victoria. Premio “Cochinillo”.
21:30 h. – Pasarrúas a cargo da Charanga.es
23:00 h. – Gran Verbena a cargo de
LEDICIA
ODISEA
e
ILUSIÓN
--------------------------------------------------------------------------------
SÁBADO 18 DE XULLO
09:00 h. – Dianas e alboradas con 21 bombas de palenque.
09:30 h. – Pasarrúas con gaitas do país (Grupo ARUME de Boiro).
11:00 h. – Tren Turístico que sairá da explanada da Festa.
12:30 h. – Gran Sardiñada.
17:00 h. – Tren Turístico que sairá da explanada da Festa.
18:00 h. – Campionato de Tute no Bar Tamba. Premio “Cochinillo”.
19:00 h. – Chocolate con Churros no Peirao.
20:00 h. – Exhibición de Baile a cargo de “El Tomasón”. No Auditorio (ó lado do Campo da Tasca).
20:00 h. – Fútbol entre Solteiros S.C e Casados B.A
21:30 h.- Pasarrúas a cargo da Charanga “VAI DE RODA”.
23:00 h.- Gran Verbena amenizada por:
ARMONIA SHOW
e
ODEON
00:00 h. – Gran Queima de Fogos de Artificio a cargo da Pirotecnia RESUA.
00:30 h. – Continua a verbena…….
Día do Carme
09:00 h. - Dianas e alboradas con 21 bombas de palenque.
09:30 h. – Pasarrúas con gaitas do país (Grupo ARUME de Boiro)
11:30 h. – Misa Solemne na honra da Nosa Patroa A VIRXE DO CARME cantada polo Coro Parroquial acompañado polo Grupo ARUME.
12:30 h. – Procesión acompañada pola Banda de Música de Cedeira.
18:00 h. – Campionato de Tenis para mayores na pista de tenis da Praia da Katía, Premio “Cochinillo”.
19:00 h. – Campionato de Escoba no Bar Tallante. Premio “Cochinillo”.
20:00 h. – Campionato de Dardos no Bar El Cruce 1 e Bar El Cruce 2. Premio “Cochinillo”.
23: 00 h. – Gran Verbena a cargo das orquestras:
D´TACÓN
e
“OS SATÉLITES”
00:00 h. – Pregón…
--------------------------------------------------------------------------------
VENRES 17 DE XULLO
09:00 h. – Diana e alboradas con 21 bombas de palenque.
09:30 h. – Pasarrúas con gaitas do País (Grupo ARUME de Boiro)
10:00 h. – Campionato de Tenis Infantil na pista de tenis da Praia da Katía. Premio “Cochinillo”.
11:00 h. – Concurso de Debuxo para todas as idades no salón da Cofradía.
11:30 h. – Carreira de Sacos para todos na explanada da festa.
12:00 h. – Carreira de Chalanas cos ollos tapados. Premio “Cochinillo”.
12:30 h. – XXXIV Concurso de Cucañas (No Porto de Aguiño). Premio “Cochinillo”. Vente comer unhas boas mocadas pra nos rir todos.
17:00 h. – INFANTILANDIA de 17:00 h a 21:00 h. no Campo da Tasca ou no Grupo Escolar (con hinchables, búfalo mecánico, festa da espuma, etc…)
18:00 h. – Campionato de Manilla no Bar Serriño. Premio “Cochinillo”.
21:00 h. – Campionato de Futbolín a celebrar no Bar Victoria. Premio “Cochinillo”.
21:30 h. – Pasarrúas a cargo da Charanga.es
23:00 h. – Gran Verbena a cargo de
LEDICIA
ODISEA
e
ILUSIÓN
--------------------------------------------------------------------------------
SÁBADO 18 DE XULLO
09:00 h. – Dianas e alboradas con 21 bombas de palenque.
09:30 h. – Pasarrúas con gaitas do país (Grupo ARUME de Boiro).
11:00 h. – Tren Turístico que sairá da explanada da Festa.
12:30 h. – Gran Sardiñada.
17:00 h. – Tren Turístico que sairá da explanada da Festa.
18:00 h. – Campionato de Tute no Bar Tamba. Premio “Cochinillo”.
19:00 h. – Chocolate con Churros no Peirao.
20:00 h. – Exhibición de Baile a cargo de “El Tomasón”. No Auditorio (ó lado do Campo da Tasca).
20:00 h. – Fútbol entre Solteiros S.C e Casados B.A
21:30 h.- Pasarrúas a cargo da Charanga “VAI DE RODA”.
23:00 h.- Gran Verbena amenizada por:
ARMONIA SHOW
e
ODEON
00:00 h. – Gran Queima de Fogos de Artificio a cargo da Pirotecnia RESUA.
00:30 h. – Continua a verbena…….
mércores, 17 de xuño de 2009
PARALIZADA A CONDENA A TORRES QUEIRUGA
Segundo "religiondigital" a Conferencia Episcopal paralizou o expediente de condena da Obra Teolóxica de Andrés Torres Queiruga logo de aque os Bispos de Lugo e Ourense, membros do órgano de Goberno da Igrexa Católica Española, informasen de que a filtración do suposto expediente condenatorio estaba a producir unha importante oposición social en Galicia.
Andrés con Unai e Judit no Acto do 50 Aniversario da Parroquia de Aguiño no que foi nomeado AGUIÑÉS DE HONRA
Intelectuais da galeguidade, membros de órganos como a Real Academia ou o Consello da Cultura Galega, da Universidade de Santiago e do mesmo Cabildo Compostelán manifestaron a súa oposición radical a esta condena.
Tamén asociacións, fundacións e xornalistas, entre os que podemos citar a Barreiro Rivas, Ramón Baltar, Helena Villar Janeiro, Victorino Pérez Prieto..., ou entidades como a nosa Asociación ou A Dourixeira e Ardora condenaron a censura que a Igrexa pretendía exercer sobre a persona e a obra do Aguiñés de Honra.
Parece que polo de agora van deixar o asunto, o cal non quere decir que o retomen nun futuro, debemos estar atentos e atentas aos pasos que de a curia neste sentido. A Romaxe de Aguiño pode ser un punto e seguido para este expediente condenatorio, o cal non podemos permitilo, reiteramos que estamos dispostos a continuar coa nosa protesta e loita en favor de Andrés.
Polo de agora, felicitámonos todos e todas da boa nova. Forza e Aguiño en loita!
Unai González Suárez
Asociación Francisco Lorenzo Mariño
venres, 12 de xuño de 2009
ANDRÉS TORRES QUEIRUGA
NA DEFENSA DO AGUIÑÉS DE HONRA
Recoñecido AGUIÑÉS DE HONRA o 9 de maio de 2009 co consenso de todas as asociacións e agrupacións culturais, veciñais, recreativas, educativas, sociais e empresariais do Pobo de Aguiño. Acto do 50 Aniversario da Fundación da Parroquia de Nosa Señora do Carme, berce de Andrés e coa presenza do Arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio Barrio entre outras autoridades eclesiais, civís e militares.
AGUIÑO ESTÁ CON ANDRÉS
MANIFESTO A FAVOR DA SÚA VALÍA E A SÚA OBRA
Socio de Honra da Asociación Francisco Lorenzo Mariño
Socio de Honra da Asociación A Dourixeira
Galego Egrexio, Membro da Real Academia, Membro do Consello da Cultura
venres, 29 de maio de 2009
ACTO INSTITUCIONAL DO 9 DE MAIO - AGUIÑO, 50 ANOS DE PARROQUIA (1959-2009)
Membros da Asociación que organizaron o acto
Numerosos veciños e visitantes ateigaron a Igrexa Parroquial
Coral do Círculo Mercantil de Riveira na ceremonia
Unai González Suárez pronunciando o discurso institucional
O sábado 9 de maio deste ano, coincidindo en día de semana co 9 de maio de 1959, celebramos os actos institucionais do 50 Aniversario da fundación da Parroquia de Aguiño baixo advocación de Nosa Señora do Carme, Patroa das xentes do mar.
Campanario de Aguiño coa pancarta conmemorativa
O transcurso dos actos estivo supervisado en todo momento por socios/as da nosa entidade, así como por integrantes da Xunta Directiva que se encargaron de organizar o ágape, a ceremonia, a entrega de distincións, a colocación da placa conmemorativa, os pasarrúas de gaitas do País e a tirada de bombas que se prolongou ó longo do día.
Membros da entidade preparando o Ágape
Foron numerosos os medios de comunicación social que se fixeron eco deste evento, relatando ó día seguinte o transcurso das actividades, así como os distintos protagonistas, e sobre todo, a ledicia das celebracións compartidas por preto dun milleiro de veciños e visitantes.
Numerosos veciños e visitantes ateigaron a Igrexa Parroquial
Foron homenaxeados e distinguidos Andrés Torres Queiruga como Aguiñés de Honra, Manuel Ayaso Dios como Aguiñés das Artes, Ricardo Pérez Queiruga como Benefactor de Aguiño e Xosé Chao Rego, Manuel Espiña Gamallo e Manuel Dourado Deira como Amigos de Aguiño.
Coral do Círculo Mercantil de Riveira na ceremonia
Tamén se entregaron agasallos conmemorativos da efeméride ó Concello de Riveira e o seu Alcalde, Xosé Luis Torres Colomer; á Xunta de Galicia na representación da Conselleira do Mar, Rosa Quintana; ó Arzobispado de Santiago e o Bispo Xulián Barrio Barrio; ó Administrador de Aguiño e Sacerdotes que atenden a Parroquia, Cesáreo e Ramiro Canabal e Enrique Fernández, e á Coral do Círculo Mercantil de Riveira e ó seu director, Antonio Fernández.
Unai González Suárez pronunciando o discurso institucional
Houbo tamén un sentido recordo na lembranza presente de quen nos acompaña e alenta, Francisco Lorenzo Mariño, neste ano no que ademáis conmemoramos un lustro do seu pasamento aquel 16 de xaneiro de 2004. E por suposto, un sonado apláuso para todo o pobo de Aguiño, para as veciñas e veciños, ilustres anónimos, que contribuíron co seu esforzo e traballo cotián a crear e fortalecer o pobo e a parroquia que hoxe disfrutamos.
A celebración relixiosa estivo presidida polo Arcebispo Xulián Barrio, acompañado de Andrés Torres Queiruga, Cesáreo Canabal e Enrique Fernández. Tamén fixeron a Confirmación 15 rapaces/as da Parroquia. A eucaristía estivo cantada pola Coral do Círculo Mercantil e Industrial de Riveira. Ó rematar os actos, o Presidente da asociación, Unai González Suárez, en nome da entidade e das outras asociacións do pobo que consensuaron os nomeamentos dos homenaxeados, pronunciou un sentido discurso e entregou as distincións, facéndose eco da solicitude veciñal do nomeamento dun novo Párroco propio e axeitado para a singularidade do pobo de Aguiño.
Preto dun milleiro de personas compartiron o Viño Galego
Xa no exterior, o Arcebispo e o Alcalde de Riveira, na presenza das numerosas autoridades e dos veciños/as de Aguiño, descubriron a Placa Conmemorativa da efeméride que foi colocada na fachada esquerda da Igrexa Parroquial. O Grupo de Gaitas A Gandaina entonou o Himno Galego e unha estrondosa traca de bombas dou por concluído o ceremonial do acto.
A continuación, todos os asistentes, preto dun milleiro de personas, disfrutaron dun Viño Galego na R/ da Igrexa e servido pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño e consistente en 18 empanadas, 12 carrapitos, 12 bizcochos, 20 tortillas, 1500 panecillos con embutido, 100 bolsas de patacas fritidas, 15 kg de cacahuetes, 12 kg de aceitunas, 200 kg de mexilón á vinagreta, 90 botellas de Mencía, 48 botellas de Ribeiro, 220 litros de refrescos e 90 litros de auga.
Pola noite, no cruce de Aguiño, e por cortesía da Agrupación Organizadora da Festa dos Maios, máis dun milleiro de personas asistiron á verbena a cargo do Grupo Azalea e da fantástica e recoñecida Orquestra Cunter´s.
Agardamos que este evento foxe do agrado de todas e todos, informamos que dende a asociación seguimos a traballar para organizar outras actividades, tales como foi o Día da Bici o pasado 24 de maio, ou será a Presentación Oficial da web de Aguiño o vindeiro mes de xuño, unha actividade literaria, a Mostra de Teatro de Inverno, a Romaxe de Crentes Galegos, a publicación dun libro de historia e unha exposición de documentos, xornadas e conferencias culturais, etc.
Queremos agradecer a colaboración de Caixanova, CONRESA, Aliprox, Etelvina, Publicolor, Combustibles Puebla, Construccions Mariscal, Construcciones Aguiño, Initel, Librería Master, Tapicería González, Farmacia Enguíx de Palmeira, Florerías de Aguiño e de todas as personas que colaboraron con nós para facer os actos, así como de todos os negocios de Aguiño e Ribeira que teñen o PETO para os donativos para os actos deste 50 ANIVERSARIO.
Se queredes colaborar economicamente con este proxecto, podedes facelo nas contas que esta asociación ten abertas en Caixanova e Caixagalicia indicando o nome da empresa ou persona que realiza o donativo, colaboración ou patrocinio. Anticipamos grazas pola vosa axuda:
Contas da ACRV Francisco Lorenzo Mariño (CIF G-70038039):
Caixagalicia Aguiño:
2091 0339 76 3000034382
Caixanova Ribeira:
2080 0158 32 0000034862
........................................
Asociación Francisco Lorenzo Mariño
..............................................
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)