xoves, 14 de maio de 2009
venres, 8 de maio de 2009
DISTINCIÓNS OTORGADAS CON MOTIVO DO 50 ANIVERSARIO DA PARROQUIA DE AGUIÑO

na conmemoración do seu 50 aniversario como parroquia
Santa Uxía de Riveira, 7 de maio de 2009. A Asociación Cultural, Recreativa e Veciñal Francisco Lorenzo Mariño, fundada no 2005 co ánimo de “dinamizar e alentar a vida cultural, social e recreativa do pobo de Aguiño, defender os intereses da súa veciñanza e sectores económicos e manter, difundir e continuar a laboura de Don Francisco e a súa propia figura (Art. 3 dos estatutos)”, presidida dende aquela e ata a actualidade por Unai González Suárez, deu a coñecer ás personalidades que distinguirá este 9 de maio de 2009, Día Grande do 50 aniversario de Aguiño como parroquia.
Andrés Torres Queiruga, Aguiñés de Honra

É a distinción principal e lévaa o teólogo, filósofo e sacerdote nado en Aguiño o 28 de maio de 1940. É Doutor en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma en 1973 e Licenciado en Filosofía pola Univ. de Comiñas no 1962 e Santiago en 1985. É membro numerario da Real Academia Galega, do Consello da Cultura Galega, foi fundador e Director da Revista Encrucillada, colaborador de máis dun cento de publicacións relixiosas e laicas, e autor de numerosas obras traducidas a idiomas como o castelán, portugués, alemán, inglés, italiano que foron publicadas en máis dunha dúcia de países de Europa e América, participando en foros e congresos internacionais celebrados por toda a xeografía mundial.
Está considerado o teólogo galego máis importante da posguerra e un dos máis destacados do mundo. É autor de títulos como Teoloxía e Sociedade, Recuperá-la salvación, Nova Aproximación a unha filosofía da saudade, Rolda de ideas, Creo en Deus Pai, O inferno a revisión… e un longo etcétera. Foi Medalla Castelao de Galicia, Socio de Honra de Irimia e da Asoc. A Dourixeira e a Comisión de Festas de Aguiño. Defensor da cultura e o idioma galegos, da Igrexa do pobo e do apostolado que defende o Vaticano II, é introductor dos cántigos galegos nas celebracións católicas e un dos traductores da Biblia en galego. Considerando que é o aguiñés máis universal, que defende o nome do seu pobo e contribue co seu traballo e laboura a divulgalo, promovelo, así como ós seus veciños e veciñas, sendo impulsor de numerosas iniciativas sociais, culturais e veciñais en Aguiño da man de Don Francisco Lorenzo, creémolo unánimemente o único e máis indicado candidato para este mérito histórico que leva parexo ademáis o de ser nomeado SOCIO DE HORNA DA ACRV FRANCISCO LORENZO MARIÑO, igual que todos os distinguidos nesta ocasión.
Aguiñés das Artes: Manuel Ayaso.

Nado en Aguiño en 1934, realiza estudos artísticos na Newark School of Fine e no Industrial Arts de Newark (Jersey). Pintor autodidacta recoñecido internacionalmente e que triunfou fundamentalmente en Estados Unidos de América, autor dun estilo propio que o fixo destacar no gravado e a estampa dixital. Realizou máis dun cento de exposicións por todo o mundo entre os que destacamos Miami, Los Ángeles, Washington, New Cork, Jersey, Vaticano, Roma, París, Donostia, Madrid, Barcelona, Lisboa, Vigo, Santiago, Coruña e Ribeira. No ano 2002 donou catro cadros para a Igrexa do Carme de Aguiño, de temática propia e sobre o “Cristo do Carreiro ou Mariñeiro” que el interpreta vela por Aguiño, os mariñeiros e as súas xentes. Tamén diseñou unhas acuarelas como bocetos para as vidrieiras do templo parroquial (que nunca se realizaron). Por todos estes méritos profesionais e personais, contribuíndo a promover Aguiño e as súas xentes, sendo o mellor promotor e divulgador do noso pobo dentro do campo da cultura e as artes, considerámolo o maior merecedor da distinción de AGUIÑES DAS ARTES e Socio de Honra da ACRV FLM.
Benefactor de Aguiño: Ricardo Pérez Queiruga

Amigo de Aguiño: Xosé Chao Rego
Amigo de Aguiño: Manuel Dourado Deira
Amigo de Aguiño: Manuel Espiña Gamallo
Polos méritos que concorren en eles a nivel personal e profesional, contribuir a difundir, divulgar e dar a coñecer o nome do pobo de Aguiño e a súa veciñanza; participar na dinamización social, cultural, económica e relixiosa da Parroquia durante máis de corenta anos da man de Francisco Lorenzo ata o seu pasamento e despóis con esta entidade, apoiar a laboura de Don Francisco e a súa persona, participar na organización das Romaxes (1979 e 1995), nos Cruceiros, nos Coloquios de Parroquias, na Festa do Vento ou as Irimianzas, contribuir á evanxelización cristiá na nosa lingua e dende o espíritu do Vaticano II, e poñer o nome deste pobo nos libros de historia, nas publicacións relixiosas e en medios de comunicación como os xornais LA VOZ DE GALICIA, A NOSA TERRA, EL IDEAL GALLEGO, EL CORREO GALLEGO, LA REGIÓN, EL PROGRESO, DIARIO DE PONTEVEDRA, LA OPINIÓN ou revistas como ENCRUCILLADA, IRIMIA, LOGOS…, decidimos recoñecelos como dignos merecedores da distinción que conleva o ser nomeado AMIGO DE AGUIÑO, parrello ó nomeamento de Socio de Honra da ACRV FLM.
As tres primeiras distincións (Aguiñes de Honra, Aguiñés das Artes e Benefactor de Aguiño) corresponden a unha placa en estuche con texto gravado e pergamino conmemorativo, a de AMIGO DE AGUIÑO corresponde a unha peza de cerámica galega que representa unha pomba co poema Adeus Ríos, adeus fontes de Rosalía de Castro, cun pé con placa onde se recolle a distinción, e un pergamino conmemorativo como Socios de Honra.
Logo do acto religioso que estará presidido polo Arcebispo de Santiago e no que Confirmarán a súa FE quince mozos/as da Parroquia, entregaranse agasallos institucionais da entidade e conmemorativos da efeméride á Diócesi de Santiago e o Arcebispo, Julián Barrio Barrió, ó Concello de Riveira e o seu Alcalde, José Luis Torres Colomer, á Xunta de Galicia e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, á Deputación de A Coruña, ó Administrador Parroquial, Cesáreo Canabal e os sacerdotes que atenden a parroquia de Aguiño, Ramiro Canabal e Enrique Fernández, e á Coral do Círculo Mercantil e o seu director Antonio Fernández que participan desinteresadamente neste acto. Está confirmada a presenza de, entre outras autoridades, Julián Barrio, Arcebispo de Santiago; José Luis Torres Colomer, Alcalde de Riveira e Senador; Rosa Quintana, Conselleira do Mar; Manuel Ruiz, Voceiro Popular no Parlamento de Galicia; e dos homenaxeados agás Manuel Ayaso, por atoparse en USA e Manuel Espiña por enfermidade.
Tras descubrir a placa de pedra conmemorativa no Adro da Igrexa (será descuberta polo Alcalde e o Arcebispo), haberá unha tirada de bombas e un viño galego amenizado polas gaitas de A Gandaina,. Rematarán os actos coa verbena no cruce de Aguiño a cargo de Los Cunter´s e Azalea.
luns, 4 de maio de 2009
martes, 21 de abril de 2009

............................................
GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO DE RIVEIRA
.jpg)
Carmen Peña Otero e Gloria Lijó
mércores, 15 de abril de 2009
Camiseta do 50 Aniversario de Aguiño
Xa están á venda as camisetas para financiar os actos de Aguiño, tamén fixemos uns chaveiros co logo do aniversario e a Virxe do Carme de Aguiño. Están a precios módicos para gañarlle un pouquiño que nos axude a pagar os gastos dos actos do 9 de maio (que cedo se desvelarán), o Certame Literario en Poesía e Relato Curto que xa está convocado, o mes do teatro, a Romaxe de Crentes Galegos e a publicación dun libro sobre Aguiño que recolla imaxes, testemuñas e documentos históricos.
Chaveiro do 50 Aniversario de Aguiño
Podedes mercar a camiseta ó módico prezo de 6 €uros unidade, se mercades dúas ou máis a 5 € unidade. O chaveiro é a 3 € unidade. Podedes mercalo en varios establecementos de Aguiño ou contactando con calquera da asociación. Tamén mandando un mail a aflmaguinho@gmail.com ou unaiequal@yahoo.es e encargando o pedido podemos envialo por correo ou entregalo en man, para envios por correo ten uns gastos de 5 €, pero se a compra é dun mínimo de 30 euros os gastos de envío son grátis.
luns, 9 de marzo de 2009
NOVA REUNIÓN
ACTA DA REUNIÓN DO 26/02/2009
Reunida a Xunta Directiva da entidade con varios puntos na orde do día, tomáronse os seguintes acordos de interese: