
............................................
GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO DE RIVEIRA
Carmen Peña Otero e Gloria Lijó
Asociación Cultural, Recreativa e Veciñal sen ánimo de lucro, fundada no ano 2005 coa intención de promocionar a cultura e defender os intereses da cidadanía e do pobo de Aguiño, así como contribuir á difusión da laboura incansabel do ilustre galego que nos da nome, Paco de Aguiño (Parroco de 1959 a 2004).
GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO DE RIVEIRA
Carmen Peña Otero e Gloria Lijó
Camiseta do 50 Aniversario de Aguiño
Xa están á venda as camisetas para financiar os actos de Aguiño, tamén fixemos uns chaveiros co logo do aniversario e a Virxe do Carme de Aguiño. Están a precios módicos para gañarlle un pouquiño que nos axude a pagar os gastos dos actos do 9 de maio (que cedo se desvelarán), o Certame Literario en Poesía e Relato Curto que xa está convocado, o mes do teatro, a Romaxe de Crentes Galegos e a publicación dun libro sobre Aguiño que recolla imaxes, testemuñas e documentos históricos.
Chaveiro do 50 Aniversario de Aguiño
Podedes mercar a camiseta ó módico prezo de 6 €uros unidade, se mercades dúas ou máis a 5 € unidade. O chaveiro é a 3 € unidade. Podedes mercalo en varios establecementos de Aguiño ou contactando con calquera da asociación. Tamén mandando un mail a aflmaguinho@gmail.com ou unaiequal@yahoo.es e encargando o pedido podemos envialo por correo ou entregalo en man, para envios por correo ten uns gastos de 5 €, pero se a compra é dun mínimo de 30 euros os gastos de envío son grátis.